Os socialistas de Abadín demandan información sobre a sanción de 1.373,33 euros imposta ao Concello “polo aproveitamento sen concesión administrativa previa de augas subterráneas procedentes de tres mananciais do lugar de Fonte Ovelleiros”. E tamén queren coñecer a potabilidade da traída de auga desde a ETAP ata o depósito de Monte Argan
Abadín, 13 de setembro de 2022. O Grupo Socialista de Abadín solicitou un pleno extraordinario para abordar a problemática do abastecemento de auga que están sufrindo a veciñanza de Abadín. Así o anunciou hoxe o Voceiro de Abadín, Pablo Díaz, quen remarcou “que o servizo é moi deficitario, e estamos recibindo queixas de moitos núcleos, como por exemplo en Gontán ou nas parroquias de Fraiás ou Vilarente”, incidiu.
Estes mesmos dias o Grupo Socialista de Abadín fíxose eco das denuncias dunha familia da parroquia de Vilarente (Cabanela), que se manifestou ás portas do Concello de Abadín, por mor dos constantes cortes de auga que sofren na súa vivenda habitual. Hai que lembrar que nesta parroquia non existe saneamento municipal, nin abastecemento de auga. Advirten de que a traída de auga municipal que abastece a este núcleo do municipio “é ilegal”, e lembran que o propio Concello xa foi sancionado por este motivo.
Os socialistas de Abadín demandan ademais información sobre a sanción imposta pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao Concello por un importe de 1.373,33 euros, “polo aproveitamento sen concesión administrativa previa de augas subterráneas procedentes de tres mananciais do lugar de Fonte Ovelleiros con destino ao abastecemento de Cabanela e Vilaseñor, na parroquia de Seivane de Villarente”. E tamén queren coñecer a potabilidade da traída de auga desde a ETAP ata o depósito de Monte Argan, e que dá servizo ás vivendas de Vilarente, A Graña, Moncelos, Baroncelle, Aldixe, e parte de Castromaior e As Góas.
Teñen dereito por Lei
Pablo Díaz lembra que, segundo recolle a normativa, concretamente nos artigos 18 e 25 da Lei de Réxime de Bases Local, “os veciños teñen dereito ao subministro de auga potable no domicilio e a evacuación e tratamento de augas residuais. “Por iso nos parece urxente solicitar esta pleno para dar solucións á veciñanza de Abadín ante a problemática do abastecemento de auga na nosa vila. Queremos solucións e non escusas diante dos cortes de auga que están sufrindo as familias do noso Concello”, dixo.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



