A conselleira do Mar advirte de que todas as empresas do complexo mar-industria asentadas en terreos de dominio público marítimo-terrestre se van atopar con dificultades para renovar as súas concesións cando se esgoten as que teñen vixentes
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022. A Xunta de Galicia recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral, tal e como lle trasladaron esta tarde as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, a representantes da cadea mar-industria.
Durante o encontro, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reiterou que o novo regulamento reforza a intención do Goberno central de expulsar do litoral toda presenza social e económica sen xustificación técnica algunha, tal e como confirma o feito de que elimine a posibilidade de prórroga extraordinaria de todas as concesións de actividades económicas e que establece unha duración máxima de 30 anos para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre (DPMT).
Nesta liña, as conselleiras confirmaron a presentación dun recurso para frear o ataque do Goberno central contra as instalacións no litoral, dado o escenario preocupante que xera esta nova normativa, aínda máis restritiva que a modificación da duración das concesións introducidas pola Lei de Cambio Climático. A isto hai que engadir que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu ás alegacións presentadas pola Xunta a este regulamento de xeito xenérico, pouco claro e caendo en contradicións.
Pola súa, a conselleira do Mar advertiu de que a nova normativa de Costas vai acabar afectando, tarde ou cedo, a todas as empresas do complexo mar-industria de Galicia asentadas en terreos de DPMT no momento en que teñan que renovar as súas concesións e se topen cos prazos máis curtos establecidos polo Goberno central e coas súas maiores exixencias co obxectivo de retirar calquera vestixio de presenza humana do litoral.
Rosa Quintana lembrou que nos últimos meses xa houbo casos de dificultades de empresas asentadas na costa que sufriron trabas para a renovación das súas concesións malia non estar en vigor a modificación do regulamento de costas, polo que agora se pode complicar aínda máis a situación. Estes casos, subliñou, van volver repetirse segundo as distintas autorizacións se vaian esgotando e os seus propietarios teñan que enfrontarse á nova normativa, moito máis restritiva. “Podemos ver un ‘efecto cascada’, coa aparición de casos semellantes un detrás doutro”, expuxo a titular de Mar.
A representante da Xunta lamentou os ataques constantes e inxustificados do Goberno central contra a cadea mar-industria de Galicia e reprobou que nas medidas que adopta non teña en conta o dano que poden causar ao sector e ao conxunto da comunidade, tanto desde o punto de vista económico como desde o social. Por iso, insistiu en que a Xunta debería ter as competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre galego pois é quen mellor coñece as distintas actividades que se desenvolven na súa costa e as súas especificidades.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.