O veto de Bruxelas afecta de xeito directo a arredor de 200 barcos de capital galego e o seu impacto potencial pode chegar ao milleiro de embarcacións ben polo solapamento de zonas de pesca ben pola futura ampliación desta prohibición
A Coruña, 16 de setembro de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou hoxe que a Xunta vai analizar todas as vías legais que ten á súa disposición para recorrer a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en preto dun cento de áreas en augas comunitarias. A representante do Executivo galego explicou durante un acto na Coruña que nos vindeiros días convocará aos representantes do sector e a expertos xuristas da Fundación MarInnLeg e do Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga de Universidade da Coruña (UDC) para avaliar as distintas posibilidades e elixir a máis efectiva na defensa dos intereses da frota galega.
Esta cuestión xa fora abordada co sector e con estas dúas entidades en xullo ante o temor a que esta medida se aplicase, un asunto no que é determinante o rango de norma dado por Bruxelas e os detalles do texto definitivo, que se publicará proximamente no Diario Oficial da Unión Europea.
A titular de Mar tamén subliñou que Galicia vai buscar aliados no resto de comunidades autónomas e rexións europeas con intereses pesqueiros así como no Goberno central, que concorda coa comunidade na necesidade de defender á frota. Nesta liña, as actuacións da Xunta van ser ao máis alto nivel e o propio presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, vai solicitar unha reunión co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, para abordar esta cuestión.
Rosa Quintana lamentou que o Executivo comunitario estea a primar nas súas decisións os aspectos medioambientais sobre os económicos e sociais, en contra do que establece a Política Pesqueira Común, e reprobou a mala fe coa que actuou Bruxelas nestes meses. Fíxoo referíndose á reunión que a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE), Charlina Vitcheva, mantivo a mediados de xullo en Galicia co sector e coas Administracións galega e española para analizar esta cuestión e na que dixo que se ían revisar os informes e datos dos que dispoñía o Executivo comunitario para suavizar esta situación.
“Sen aportar datos novos nin estudos sobre esta materia, avanzan nunha decisión que semella que xa tiñan tomada antes desa xuntanza”, denunciou a conselleira. “É de sentido común que as agresións ao ecosistema estean prohibidas, pero non temos ningún informe que diga que depositar un anzol dunha arte de pesca de fondo -como o palangre, que é moi selectiva- supoña máis dano ca tirar pedras de grandes dimensións ao fondo do mar sen ningún control, como fixo nos últimos días algunha organización ecoloxista”, aseverou.
Sen aportar informes
Nesta liña, Rosa Quintana cualificou de indignante a actuación de Bruxelas nesta cuestión pois tampouco aportou ditames biolóxicos nin socioeconómicos que sustenten a súa proposta, unha falla de argumentos sólidos que fai que a decisión se estea a adoptar en base a datos parciais e sen actualizar.
A representante da Xunta defendeu que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se empregan ben e lamentou que o Executivo comunitario dea prioridade novamente ás teses medioambientalistas por enriba das aportadas polos científicos e o propio sector. Por iso, asegurou que Galicia vai traballar sen descanso na defensa dos intereses da súa frota e que esta medida chegue a aplicarse.
A titular de Mar advertiu de que esta medida afecta de xeito directo a arredor de 200 barcos de capital galego e o seu impacto potencial pode chegar ao milleiro de embarcacións, incluíndo as artes menores, ben polo solapamento de zonas de pesca ou pola futura ampliación desta prohibición. “Pode producirse un desprazamento das frotas que estaban traballando nesas áreas a outras próximas nas que faenan outros buques, polo que habería unha sobreexplotación deses caladoiros”, lamentou.
Este tipo de medidas, engadiu, poñen en risco o futuro do sector e pode supoñer a perda de embarcacións e de empregos, unha factura que Galicia non está disposta a asumir. Neste sentido, expuxo Rosa Quintana, España pasou de ter máis de 30.000 buques nos anos 80 a algo máis de 8.000 na actualidade, polo que non pode facer maior esforzo neste sentido.
“Non podemos consentir ter os recursos en niveis de rendemento máximo sustentable e impedir que o sector pesqueiro desenvolva a súa actividade. Se perdemos frota, o día de mañá terceiros países virán a extraer uns recursos que son de todos os cidadáns da Unión Europea”, concluíu a conselleira do Mar.

















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



