A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, reuniuse con representantes do tecido produtivo provincial
Lugo, 21 de setembro de 2022. A Xunta de Galicia adxudicará este ano máis de 64.750 metros cadrados de solo empresarial na provincia de Lugo, segundo salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha reunión mantida con representantes do tecido produtivo provincial.
Durante o encontro, no que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a conselleira explicou que no que vai de ano o Goberno galego xa adxudicou máis de 43.500 m2 de solo empresarial, aos que hai que engadir os 21.218 m2 que se prevé adxudicar proximamente.
Logo de incidir en que a Xunta “certifica, unha vez máis, o seu compromiso con Lugo, potenciando o emprego e o asentamento”, Ángeles Vázquez puxo en valor a recente adxudicación por preto de 51.000 euros da redacción dos proxectos de urbanización de tres novas fases -IV-V e VIIa- do parque empresarial das Gándaras, que inclúen un total de 188.472 m2.
A maiores, segundo dixo a conselleira, estanse a executar as obras de urbanización da terceira fase, que xunto ás da segunda fase -rematadas en decembro do ano pasado-supoñen un investimento por parte da Xunta de 5,94 millóns de euros.
Ángeles Vázquez tamén na reunión lembrou que a segunda modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) está na actualidade no período de exposición pública. Esta reforma inclúe a creación e modificación de solo en 19 concellos, dos que tres corresponden á provincia de Lugo -O Corgo, Palas de Rei e O Valadouro-.
Lei pioneira a nivel estatal
Durante a reunión, a conselleira puxo en valor a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, pioneira a nivel estatal e cuxa aprobación definitiva se debaterá antes de que acabe este mes no Parlamento, e que busca “simplificar, axilizar e planificar o presente, pero, sobre todo, o futuro inmediato” na creación de solo garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica. O obxectivo é dotar á Comunidade de espazos competitivos, funcionais e totalmente equipados.
Así mesmo, con esta nova normativa o Goberno galego reforza o seu compromiso de colaboración coas administracións locais ao darlle rango de lei á iniciativa dos concellos emprendedoresposta en marcha en 2017 e que conta xa con 152 municipios adheridos, cuxo obxectivo é sumar esforzos a prol da reactivación e dinamización da economía e para contribuír á captación e fixación de investimentos para a nosa comunidade.
Nesa liña, a Xunta dará prioridade aos concellos emprendedores en ordes de axudas que se convoquen en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o comercio local ou proxectos relacionados coa industria. E, pola súa banda, os concellos achegarán ao tecido produtivo máis simplificación administrativa, máis facilidades de acceso a solo industrial e máis incentivos fiscais.
A nova normativa tamén insiste na necesidade de garantir a conservación destas áreas para o que se inclúe a creación de entidades que velarán tanto polo mantemento das infraestruturas e servizos de ámbito como pola súa actualización e modernización.
A conselleira fixo fincapé en novas figuras como as reservas estratéxicas de solo ou os plans estruturantes, que fixan os parámetros básicos de ordenación dunha área empresarial y cuxa tramitación máis áxil permitirá reducir de 21 a 9 meses a aprobación dun proxecto de urbanización.
A Lei de áreas empresariais será unha norma clave nun momento no que, logo de dous anos de pandemia, é necesario reactivar a economía galega, xerar emprego estable e de calidade e facer da Comunidade un territorio atractivo para que as empresas se implanten.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



