“É un asunto de País frear un veto á pesca de fondo que nin ten en conta o impacto socioeconómico nin se sustenta en informes científicos”, alega
Santiago de Compostela, 21 setembro 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclámalle a Goberno central e Goberno da Xunta que deixen de lado a estratexia partidista de botar balóns fora e culpabilizarse mutuamente pola decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo, e reclama que se poñan a traballar a favor de Galiza, insistindo na proposta dunha fronte común para defender á frota galega en Bruxelas, que inclúa aos dous executivos, ás forzas políticas presentes no Hórreo e ao sector.
“É un problema de País porque o sector pesqueiro é estratéxico para a nosa economía e preocúpame que mentres hai centos de postos de traballo en xogo, goberno galego e central, PP-PSOE, están tirándose a pelota entre eles. O que lles pido é que abandonen unha liorta coa que queren eludir a responsabilidade que ambos teñen, porque é obvio que algo se fixo mal porque este veto no se fragua dun día para outro. Pero agora, o urxente é que traballemos todos e todas xuntas para pedir a retirada inmediata dese regulamento”, explicou.
Neste sentido, a líder do BNG reiterou a proposta dunha fronte común para defender a pesca galega e conseguir a retirada dunha normativa “arbitraria e inxusta, que nin ten en conta o impacto socieconómico, nin conta con informes científicos actualizados, hai que parar este veto a frota de fondo. Afecta miles de postos de traballo e vai retirar do mercado toneladas de peixe, encarecendo aínda máis un alimento básico na cesta da compra das familias”, advertiu. Pontón demanda do Goberno do Estado que presente canto antes o recurso contra a normativa aprobada pola Comisión Europea.
Pontón fixo estas declaracións tras o encontro que mantivo precisamente cunha nutrida delegación da Alianza Libre Europea (ALE), da que forma parte o BNG na Eurocámara, de tal xeito que o Grupo VERDES/ALE é o cuarto máis numeroso do Parlamento europeo e conta con 74 deputados e deputadas, incluída a nacionalista Ana Miranda, que ven de tomar posesión do escano coa solicitude dunha reunión urxente co comisario de Pesca.
Pero a exclusión da frota galega de 87 zonas de pesca non é a única decisión que Bruxelas está adoptando en contra da maioría social. De feito, tras o rescate multimillonario da banca, “vemos como Executivo comunitario ten unha postura morna coas eléctricas e as petroleiras, que se están forrando coa crise de prezos, especulando cun ben básico como a enerxía, a costa das persoas que viven do seu salario, vemos como arrastra os pés en lugar de tomar decisións contundentes e a súa gran medida é poñer un imposto só no caso de que os beneficios do lobby enerxético superen o 20% do que ganaron o ano pasado. Os salarios non soben un 20%, senón que a maioría social é cada día máis pobre pola inflación, pero as grandes enerxéticas se lles permite obter beneficios millonarios”, argumentou.
A líder do Bloque tamén reprocha a falta de compromiso da UE para conseguir acabar coa guerra en Ucraína, limitándose a adoptar sancións de escaso percorrido pero que lle están saíndo moi caras á cidadanía.
“Desde o BNG defendemos e traballamos por outra Europa, a Europa dos pobos, da solidariedade e da xustiza social, da paz e do benestar social, que poña no centro ás persoas e non ao poder económico da gran banca, das grandes multinacionais. Desde o BNG, a través da nosa eurodeputada Ana Miranda, traballamos a favor de Galiza e dos nosos sectores produtivos, da maioría social. “A nosa presenza en Bruxelas é máis necesaria ca nunca para defender Galiza e tamén as maiorías sociais”, concluíu.
Miranda agradeceu a visita da delegación da ALE, encabezada polo presidente do grupo na Eurocámara, Jordi Solé, avogou tamén por unha Europa dos pobos e destacou o seu compromiso na defensa do País, a favor do sector da pesca e da agricultura, da preservación ambiental, do reparto equitativo dos fondos europeos e en defensa da xente do común.
Pola súa parte, Solé destacou o papel de Miranda en Bruxelas a favor de Galiza e o “reforzo” que o BNG aporta á Alianza Libre Europea, “un partido que é a voz de Galiza en Europa, con experiencia de goberno e que aspira a liderar o País. A organización da ALE está a disposición do BNG para conseguir ese obxectivo, pois compartimos o desexo de que Galiza conte cunha presidenta nacionalista e progresista”.
Miranda e Solé destacaron a “diversidade” que defende o ALE, sabendo que un momento complexo en Europa polo que é imporante reforzar o peso das forzas políticas que defende unha Europa dos pobos.























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



