Ribadeo, 26 de setembro de 2022. Acisa prepara unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 21, 22 e 23 do vindeiro mes de outubro. Este foi un dos asuntos abordados no encontro mantido pola xunta directiva do colectivo empresarial, que anima á hostalería local a inscribirse e participar nesta cita.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “retomamos con esta cita algunhas propostas de anteriores directivas que tiveron unha grande acollida tanto entre os locais hostaleiros como entre a súa clientela. Por este motivo decidimos apostar polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 21 ao 23 de outubro. Queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven estas xornadas”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, explicou que “os locais participantes ofrecerán tapas e menús especiais ao longo desa fin de semana do vindeiro mes de outubro. Animamos á hostalería local asociada a Acisa a irse anotando xa para participar nesas xornadas gastronómicas, que tan boa acollida tiveron nas edicións pasadas”.
Cruzado Iglesias sinalou que “as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo foron desde o primeiro momento un reclamo tanto para os residentes na Mariña lucense como para os veciños e veciñas do Principado, de aí que as organicemos de novo este ano. Queremos animar a asturianos e galegos que vaian facendo un oco nas súas axendas para vir a Ribadeo a saborear todas as propostas que nos ofrecerá a hostalería local: fabada, potaxe, cachopos… non van faltar”.
Este foi un dos asuntos abordados na última reunión de traballo mantida pola xunta directiva de Acisa, na que tamén se programou para toda unha fin de semana a celebración en novembro do Black Friday, que será do 25 ao 27. Pérez Prada dixo que “será unha fin de semana de vendas importantes, na que moitas persoas xa aproveitan para facer compras de Nadal, beneficiándose así das promocións e descontos que atoparán no comercio de Ribadeo”.
A presidenta de Acisa Ribadeo engadiu que “o Nadal está aí, á volta da esquina, e desde Acisa os nosos esforzos vanse centrar nesas datas. Xa podemos adiantar que volverá de xeito presencial a Festa do Comercio, na que sortearemos importantes premios. Era un sábado moi especial para o comercio e para a hostalería de Ribadeo, pola cantidade de persoas que se achegaban a ver o sorteo. Houbo que deixar de celebralo coa chegada da pandemia ás nosas vidas e agora que xa volvemos á normalidade consideramos que é o momento de recuperalo”.
O xerente de Acisa dixo que “quedan semanas de preparativos e de traballo para a campaña de Nadal, pero queremos que sexa importante para o comercio e para hostalería de Ribadeo. Estamos traballando nesa cita e ao longo das vindeiras semanas iremos dando conta de todo ilo ás nosas asociadas e asociados e tamén á sociedade ribadense e da contorna”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



