Ribadeo, 26 de setembro de 2022. En Ribadeo deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da área recreativa da Vilavella, onde se recuperará e ampliará o espazo verde, que agora ocupa a antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano. Alí vaise crear unha zona de lecer e de descanso, que contará cun miradoiro, con bancos, mesas, aparcabicis e paneis informativos, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez. Os traballos, que se prolongarán durante 1 mes, suporán un investimento de 40.000 euros.
O rexedor contou que “nestes días estamos empezando unhas importantes obras de acondicionamento e mellora do noso entorno urbano, concretamente no lugar da Vilavella. Alí imos executar un proxecto de acondicionamento dunha área recreativa nunha zona que, a pesares do seu moito uso para os deportes de remo e piragüismo, estaba nunha situación que non era axeitada para ser un dos principais accesos á vila de Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que “o que pretendemos con estas actuacións é acondicionar este espazo para convertelo nunha área recreativa de fácil acceso a pé ou en vehículo, e que serva de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas dentro do Camiño Natural do Cantábrico que percorre toda a nosa costa”.
O alcalde indicou que “deste xeito recuperaremos e ampliaremos o espazo verde agora mesmo ocupado pola antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano, converténdoa así nunha zona de lecer, de descanso e de paso dentro da ruta de sendeirismo que conduce ao citado Muíño das Aceas”.
Fernando Suárez subliñou que “entre as actuacións contempladas atópase o axardinamento deste espazo, a instalación de iluminación LED, o acondicionamento dunha zona de aparcamento, crearemos tamén un miradoiro cunha varanda de seguridade e tamén instalaremos mobiliario como bancos, mesas e aparcabicis e paneis informativos”.
O rexedor engadiu que “o orzamento desta actuación é de 40.000 euros e conta cunha achega de 29.000 procedentes do Fondo de Compensación Ambiental. A empresa adxudicataria da obra é Gestión Gratelu e o prazo de execución é dun mes. Desde o goberno municipal queremos sumar esta actuación a outras que están mellorando moito o noso concello desde o punto de vista medioambiental e recreativo”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



