“Un exemplo de formación, son a voz de moitas celebracións en Celeiro e representan a todo o pobo de Viveiro cando actúan noutros concellos”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. O repertorio de Sons de Celeiro supera a día de hoxe as 120 cancións e o grupo publicou xa dous discos: Cantares, no 2015, e Cantar ben ou non cantar, no 2018. Sons de Celeiro, que ten actualmente 14 integrantes, está preparando o seu terceiro disco.
![O Concello de Viveiro felicita ao grupo de voces ‘Sons de Celeiro’, que esta fin de semana celebrou un acto para conmemorar os seus primeiros dez anos de traxectoria musical](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/09/WhatsApp-Image-2022-09-26-at-10.07.22-1024x576.jpeg)