A Volta ao Cole é unha carreira solidaria que se celebra cada ano en centos de centros educativos e o maior movemento de sensibilización na loita contra este tipo de cancro, o máis frecuente en nenos
Burela, 25 de outubro de 2022. O IES Perdouro únese á loita contra a leucemia infantil coa celebración, o próximo 28 de outubro, da 8ª edición da Volta ao Cole da Fundación Unoentrecienmil, que se dedica a impulsar proxectos de investigación para a curación plena da leucemia. Trátase dunha carreira solidaria na que este ano participan case 600 centros educativos de toda España. Ata a data recadáronse 1.700.000 euros.
No caso do IES Perdouro, 120 alumnos de 1º e 2º ESO acompañados polo profesorado iniciarán a carreira a partir das 10:15 h o venres 28 de outubro. O percorrido ten practicamente 800 metros por volta e discorrerá polo Camiño dos Colexios, desde o cruce do hospital ata a gardería A Galiña Azul.
Esta é unha ocasión única para transmitir valores de empatía e solidariedade aos escolares desde os seus colexios. Trátase de nenos axudando a nenos. Desta forma, tanto os pequenos como as súas familias únense á causa de Unoentrecienmil que persegue a curación plena da enfermidade.
En España diagnostícase un caso diario de leucemia, que supón o tipo de cancro máis frecuente entre os nenos. Unha situación difícil e angustiosa para as familias xa que un 20% deles non logra superalo. O propósito da fundación é conseguir que se curen o 100% deses pequenos. E iso só pode pasar investindo en investigación.
Un Cole Entrecienmil
Desde o inicio desta iniciativa, en 2015, a Fundación foi engadindo Colexios Entrecienmil, en concreto son xa máis de 3.000, moitos dos cales cada ano repiten e supoñen un apoio fundamental no impulso dos proxectos de investigación que se puxeron en marcha.
Este ano, as familias tamén poden participar desde as súas casas accedendo a través dun código QR á páxina da fundación e asinando unha petición para conseguir máis investigación.
1 euro = 1 dorsal = Investigación
Para correr na Volta ao Cole, cada participante recibe un dorsal e un diploma a cambio dunha doazón dun euro. Os colexios organizan o percorrido que mellor se adapta ás súas instalacións e previamente trabállase cos nenos nas aulas para explicarlles a importancia da carreira e o que significa o seu apoio, como parte dos contidos transversais da súa educación. Non é competir ou gañar, se non apoiar, correr, loitar, conseguir, superar, motivar, avanzar, traballar en equipo.
Bolsas de investigación
Desde 2012, Unoentrecienmil outorgou 15 bolsas para proxectos de investigación relativos á curación plena da leucemia infantil: prevención, protocolos, toxicidade, recaídas e inmunoterapias, entre outros. Entre os seus destinatarios destacan os mellores investigadores españois especializados neste campo, pertencentes aos hospitais universitarios da Paz, Niño Jesús, o SJD Pediatric Cancer Center Barcelona, ou a entidades científicas como o Instituto de Investigación Josep Carreiras, Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa ou as universidades de Salamanca e a Complutense. En total investíronse 3.500.000 euros.
Aceleradora Unoentrecienmil é o proxecto da Fundación que incorpora o exercicio físico como parte do tratamento, tras levar a cabo unha investigación que demostra que a práctica de deporte acelera a curación do cancro e diminúe un 17% o tempo de hospitalización. A primeira Aceleradora Unoentrecienmil abrirá as súas portas nunhas semanas no Hospital Universitario La Paz de Madrid.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



