Compostela, 27 de outubro, 2022. Malia a que en xuño de 2021 o Estado aprobou unha moratoria para a admisión a trámite de novos parques eólicos mariños, outra instalación “Galwind” de 1000 MW vén de iniciar o seu percorrido administrativo, e xa non é a primeira nin semella que sexa a última…
Para evitar unha avalancha de proxectos que condicionarían o desenvolvento racional do sector eólico no mar, aínda pendente de ordenamento, diversas organizacións participantes na “Folla de ruta da eólica mariña e as enerxías do mar en España” solicitamos ao Ministerio unha moratoria mentres non se aprobe o POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Mariño) así coimo un regulamento propio para a produción de electricidade no mar.
O Estado accedeu no verán de 2021 a introducir, através dunha norma sobre a fiscalidade enerxética e da auga, o “Real Decreto-ley 12/2021, de 24 de junio, por el que se adoptan medidas urgentes en el ámbito de la fiscalidad energética y en materia de generación de energía, y sobre gestión del canon de regulación y de la tarifa de utilización del agua”, unha disposición adicional terceira con este texto:
Disposición adicional terceira. Solicitudes de autorización administrativa de instalacións presentadas ao abeiro do Real decreto 1028/2007, do 20 de xuño, polo que se establece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial
1. Dende a entrada en vigor deste real decreto lei, e até a aprobación polo Goberno dun novo marco normativo das instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial, non se admitirán novas solicitudes de superficie de reserva de instalacións de xeración eólica mariña no marco do procedemento establecido no título II do Real decreto 1028/2007, do 20 de xuño.
2. Tampouco se admitirán novas solicitudes de autorización administrativa de instalacións de xeración eólica mariña ao abeiro do disposto no artigo 32 do Real decreto 1028/2007, do 20 de xuño.
Porén, dende aquela iniciaron a tramitación administrativa cando menos dous parques eólicos mariños, o “Nordés”, de 1200 MW e agora o “Galwind” de 1000 MW, ambos os dous na fase de consultas previas para a elaboración do documento de alcance. Malia a que a solicitude de elaboración do documento de alcance é potestativa para as promotoras, na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental (arts. 33 e 34) considérase que este documento é parte dos trámites da avaliación de impacto ambiental ordinaria e precisa da emisión dun ditame administrativo. E o trámite ambiental ao que da inicio o documento de alcance é unha parte imprescindíbel da solicitude de autorización administrativa destas instalacións, afectada pola moratoria.
Porén, as promotoras seguen a enviar á administración os seus proxectos para, semella, ir “adiantando trámites” en contra desta moradoria decretada en xuño de 2021, nun exercicio de filibusterismo eólico que conta coa comenencia administrativa.
E isto é o verdadeiramente grave: que o Estado, contravindo a súa propia norma, está a comprometer tempo e recursos públicos en tramitar os documentos de alcance destes proxectos, en troques de presentar xa unha planificación e aprobar as normas precisas para o desenvolvemento sustentábel do sector.
ADEGA esixe á administración do Estado que desbote tramitar tanto o proxecto “Galwind” como calquera outra instalación eólica no mar de Galiza, mentres non aprobe o POEM e un marco normativo específico para o sector.























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



