Foresa e Iberdrola estudan levar adiante un investimento de 500M€ nesta proposta que tería un impacto importante na industria local, coa creación de medio cento de postos de traballo indefinidos
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022. O Consello da Xunta declarou hoxe como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Iberdrola e Foresa co que pretenden impulsar unha planta de produción de metanol verde en Begonte (Lugo). Unha proposta que, de poder materializarse, suporía un investimento de máis de 500 millóns de euros e permitiría producir, anualmente, 100.000 toneladas deste recurso enerxético para ser empregado tanto na fabricación de colas, resinas e adhesivos destinados a unha gran variedade de industrias -entre outras, as de produción de taboleiros derivados da madeira-, como para a súa comercialización no mercado da enerxía.
Para acadar este obxectivo, o proxecto, denominado Green Meiga, ofrece unha solución pioneira ao integrar na mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde que, xunto ao dióxido de carbono capturado da caldeira de biomasa, se utilizará como materia prima para o proceso de síntese do metanol. Deste xeito, garántese que a produción deste metanol sexa totalmente renovable. Cómpre destacar tamén que a iniciativa presta especial atención á economía circular, dispondo dunha planta de tratamento que permitirá aproveitar os fluxos de augas residuais, reducindo a cantidade de auga final empregada no proceso industrial.
Galicia reforza así a súa aposta pola sustentabilidade industrial no marco da transición enerxética cun proxecto que influirá no tecido económico e social a nivel local, tanto en Begonte como na súa contorna. Tamén está aliñado cos principios da economía verde e circular. De feito, vela polo menor impacto ambiental e empregará a enerxía eólica como fonte de subministración eléctrica.
Por outra banda, o seu desenvolvemento suporá un motor de creación de emprego de calidade ao preverse a xeración -tras a súa posta en funcionamento- de medio cento de postos de traballo indefinidos.
Esta declaración -aprobada no Consello da Xunta a petición do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Vicepresidencia económica- enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento. Así, poténciase a captación de investimentos para Galicia e a creación de emprego de calidade.
Con este novo acordo xa son 16 as iniciativas empresariais prioritarias declaradas en toda Galicia: Cafés Candelas (Lugo), Novafrigsa (Lugo), Agroamb Prodalt (Castro de Rei), Oviganic (Monforte de Lemos), Bionergía (Lugo, Sarreaus e A Laracha), Ignacio González Montes (Ribeira), Hornos de Lamastelle (Carballo), Valogreene Recinor (As Somozas), Armonía Green Galicia (A Coruña), Cortizo (Padrón), Albo (Salvaterra de Miño), Sogama (Vilanova de Arousa), Green Umia (Caldas de Reis e tamén promovida por Foresa e Iberdrola) e, agora, Green Meiga (Begonte). Neste marco, os investimentos totais programados polas empresas roldan os 1.150M€ e o compromiso de xerar ao redor de 750 postos de traballo.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



