Nota de Prensa
O PRESIDENTE DE FEVE REÚNESE CON ALFREDO LLANO E O CD BURELA FS PARA COÑECER O PROXECTO LARANXA
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, exerceu de anfitrión onte na reunión que mantivo o presidente de FEVE, Ángel Villalba, co equipo directivo do CD Burela Fútbol Sala. Durante a xuntanza, que tivo lugar na casa do concello burelao, Llano aproveitou a ocasión para presentarlle a Villalba o proxecto deportivo da entidade, “un proxecto afianzado, que representa a Galicia e todo o Cantábrico por toda España; composto por unha masa social moi participativa”. Pola súa parte, o presidente de FEVE valorou moi positivamente o proxecto laranxa e comprometeuse a iniciar a colaboración co Burela FS “na medida das posibilidades e sempre tendo en conta as restricciones económicas nunha época tan complicada como a actual”.
Ángel Villalba prestou atención á exposición do proxecto e confirmou o interese amosado con anterioridade. O propio rexedor, Alfredo Llano, mantivo unha conversación previa para facerlle saber do interese do club por presentarlle o plan de traballo do Burela FS.
O presidente do club, José Ramón González, mostrou a súa satisfacción tras a reunión, pois confirmou “a boa imaxe que o Burela FS está a dar non só no ámbito deportivo, senón tamén como entidade presente na sociedade”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



