O Club Deportivo San Ciprián vén de presentar os integrantes dos conxuntos masculino e feminino que están liderados por Samuel Donker, e que militarán nas categorías 1º E 3º galega, respectivamente
Cervo, 11 de novembro de 2022. O Concello de Cervo vén de sumar dous novos equipos federados de voleibol, nas categorías sénior masculina e xuvenil feminina, que están integrados no Club Deportivo San Ciprián.
O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, participaron na presentación, no Pavillón da Veiga, dos dous cadros que están conformados por 14 xogadores no caso do equipo masculino –que militará na Primeira Galega- e por 15 xogadoras no caso do feminino -que competirá na Terceira galega-. Ambos conxuntos están liderados por Samuel Donker, que participou tamén no acto de presentación, xunto co equipo técnico e o presidente do Club, Eduardo Rubal.
Villares e Rodríguez quixeron darlle os parabéns ao Club Deportivo San Ciprián e a todo o corpo técnico por ampliar así a oferta deportiva federada do municipio, dando resposta deste xeito ao interese crecente “que vimos detectando nos últimos tempos por esta disciplina xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das escolas deportivas municipais”. Coa creación destes equipos federados, os únicos da Mariña neste deporte, todos estes nenos e nenas que cada ano se forman nas Escolas, “terán a oportunidade de dar no futuro o salto á competición da man do Club Deportivo San Ciprián e continuar practicando este deporte”, engadiron.
O equipo masculino do Club Deportivo San Ciprián estréase este mesmo sábado na competición como visitante ante o Club Voleibol Pontevedra, ás 19:00 horas. Pola súa banda, o cadro feminino comezará a súa liga o vindeiro 19 de novembro.
O rexedor e o edil quixeron desexarlle moita sorte ao club nesta nova aventura e que desfruten moito da experiencia do xogo en equipo.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.


