A Garda Civil detivo en Burela a un veciño desta localidade, de 49 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación cometido nun estanco. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro, cando supostamente a persoa detida accedía ao interior do establecemento co rostro tapado e esgrimindo un coitelo de grandes dimensións tentando subtraer o diñeiro da recadación. Ante a férrea oposición da empregada do local conseguía levar só unha carteira con diñeiro en efectivo e documentación persoal. O detido foi posto a disposición xudicial.
Detido o presunto autor do atraco do estanco de Burela
Detido o presunto autor do atraco do estanco de Burela
Relacionado
-
O Osa do Mar de Burela, que se celebrará do 6 ó 8 de setembro, vén de presentar o cartel definitivo da que será a súa décima edición
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Convocado en Burela o Certame de Narración e Debuxo Infantil polo Día Das Letras Galegas