O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que o Concello pretende recadar por vaos en 2023 un total de 38.000 euros máis que no actual exercicio
Foz, 23, novembro de 2022. O goberno de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto, ten demostrada a estas alturas a súa incapacidade de xestión, especialmente significativa no campo económico. Por unha vez presenta os orzamentos para o exercizo seguinte no momento adecuado, pero faino cando acaba de aprobar os do ano en curso e apenas uns días despois dunha modificación de crédito no mesmo, que aínda non entrou en vigor. E agora anuncia que pretende recadar no 2023 un total de 38.000 euros máis polos vaos permanentes e volver a cobrar a taxa por ocupación de vías pública con terrazas. O PP ve nestas medidas afán recadatorio, relacionado cos intereses electorais do goberno local.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “No día de hoxe levantámonos con dous bandos do equipo de goberno que entendemos que teñen única e exclusivamente afán recadatorio. Por un lado, o bando polo que se modifican os vaos, que coincide con que se presentan os orzamentos para o 2023; pretenden recadar por vaos 60.000 euros, é dicir, 38.000 euros máis que no presente exercicio. Por outro lado, un bando informa aos hostaleiros de que se volve cobrar a taxa por ocupación de solo público con terrazas, é dicir, 30.000 euros máis de recadación”. Os populares entenden “que non é o momento: non é o momento de apertar aos veciños e non é o momento de apertar a hostalería, que está pasando un momento moi complexo, non só pola covid, da que non se recuperou, senón porque estamos a vivir unha crise económica”. Cren que “é un afán recadatorio do equipo de goberno, que con estes dous bandos pretende recadar case 70.000 euros máis que no ano 2022”.
Castiñeira declara: “É un auténtico despropósito. Veñen de avisarnos de que se pretenden aprobar agora os orzamentos para o 2023; é certo que é o momento de facelo, pero é que hai poucos días que aprobamos unha modificación de crédito de case un millón de euros nos orzamentos do 2022, modificación que aínda non entrou en vigor. Agora entroulle a présa ao alcalde, pero é certo que mellor é que o orzamento para o 2023 veña agora que seis meses despois de iniciado o exercicio”.
Para o PP, “este caos, este desbaraxuste obedece única e exclusivamente a buscar réditos políticos e electorais e o único que fai é desordenar a vida dos nosos veciños e que lles saía máis cara, como proban estes dous bandos cos que nos espertamos no día de hoxe no noso concello”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



