As contas municipais para o próximo ano totalizan 9,7 millóns e non figura a partida necesaria para a compra de terreos para ampliación do centro de saúde, prevista pola Xunta
Foz, 1 de decembro de 2022. A aprobación do orzamento anual das institucións marca o que será o traballo de cada unha delas nos doce meses aos que se refiren as respectivas contas. No caso de Foz, á vista do proxecto de orzamentos para o 2023, está claro que non haberá practicamente investimentos propios e que o concello quedará a expensas do que fagan outras administracións. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que “o grupo municipal do PP non pode apoiar os orzamentos que propón o equipo de goberno bipartito (PSOE e BNG)”, tanto polo seu contido como porque non tivo posibilidades de participar na súa confección. Sinala así que “non se nos chamou a unha xunta de voceiros para explicarnos estes orzamentos e cales son as súas liñas básicas; tivemos que sabelo pola convocatoria da comisión de pleno”.
Os populares non entenden “o desbaraxuste creado polo equipo de goberno, que hai poucos días presentou unha modificación, por un millón de euros, dos orzamentos do ano en curso e agora, quince días despois, presenta os do 2023”. Castiñeira declara: “Non podemos apoiar uns orzamentos que totalizan 9.768.000 euros, e dos que só se destina unha parte pírrica a investimentos reais, concretamente apenas 335.000 euros, é dicir, un 3,38% do total do orzamento, que son 120.000 euros menos que o ano pasado e moito menos do que se destinaba na lexislatura anterior”. Explica: “Iso significa que o equipo de goberno non ten pensado manter as nosas estradas ou facer arranxos importantes; que as infraestruturas e equipamentos quedarán anticuados e que imos depender única e exclusivamente doutras administracións para que haxa investimento no noso concello”.
No PP destacan que “baixa o capítulo de festas, practicamente a metade do que orzamentaron o ano en curso: de 245.000 euros pasan a 120.000 euros”. Ademais “faltan cousas por incluír; non figura a compra dos terreos para ampliar o centro de saúde do concello de Foz, como pretende a Xunta de Galicia, e non sabemos que vai pasar coa residencia de anciáns a dous meses de que caduque o contrato coa empresa”.
Castiñeira sinala: “O goberno local non ten programa, porque tanto os do PSOE como o do BNG están sen cumprir practicamente na súa totalidade e estes orzamentos o que demostran e que non hai comunicación entre eles, non houbo proxecto e a xestión é practicamente nula”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



