Ribadeo, 1 de decembro, 2022. O BNG de Ribadeo ten moi clara a súa vocación integradora e a visión de Ribadeo, así como de toda Galiza, como célula de universalidade. Traballamos arreo para facer do noso concello un lugar de referencia proxectábel ao mundo enteiro, pero sen perder os nosos sinais de identidade. Quen esquece o que é, e como se denominan os lugares, pérdese no anonimato da visión apoucada da globalización. Ben sexa para defender o tecido económico, ben sexa para defender a nosa identidade cultural, sempre loitamos por nos facer ver e mostrar a quen nos visite o noso saber facer e o noso patrimonio, incluídos os nomes dos lugares.
Non é ningunha novidade o desexo por parte de algúns de facer desaparecer o nome da ría de Ribadeo, ben documentado ao longo de séculos: é o nome histórico, científico e tradicional que perdurou ao longo dos anos na cartografía mariña. Nós seguiremos a defendelo alá onde proceda. E a mellor maneira de facelo, a maiores da firme defensa do topónimo tradicional, é non deixándonos levar por unha actitude nominalista, senón dándolle vida á contorna da ria e defendendo con propostas construtivas a súa conservación. Fronte a quen só se acorda da ría para mudar o seu nome, nós seguiremos a transformar, na medida das nosas posibilidades, e no noso ámbito de actuación, a contorna da mesma.
Levamos anos contemplando o desenvolvemento económico e social de Ribadeo de forma inclusiva. Damos acollida, como terra de oportunidades que é, a toda persoa que percibe o noso concello como un lugar onde poñer en marcha os seus proxectos (tanto vitais como empresariais ou asociativos). Son xa case dúas décadas desenvolvendo proxectos que dan vida e dinamizan o concello e a contorna. E seguimos desenvolvendo propostas.
Temos claro que a nosa paisaxe ten que xogar un papel moi importante na posta en marcha de novas ideas. A ría de Ribadeo, que é de todas as xentes que vivimos a unha e outra beira, forma parte substancial deses proxectos. Levamos tempo loitando por sacar adiante o seu saneamento integral, así como a eliminación de especies invasoras para seren substituídas por outras autóctonas. Calquera partido político sensato, e calquera goberno municipal, dunha e outra beira, sabe que esa vía verde entre A Pontenova, San Tirso de Abres, Trabada e Ribadeo pode dinamizar enormemente a nosa actividade económica no eido do turismo. Todos compartimos esa arela. Pero debemos esixir, desde Galiza á Xunta; desde a comarca eonaviega ao Principado, e todos xuntos ao goberno central, que tanto os gobernos autónomos como o do estado se poñan a colaborar para sacaren adiante esa senda verde.
E para que dita senda verde sexa máis críbel, debemos ter conta, ao mesmo tempo, o seu saneamento. A calidade das augas residuais que verten á ría deixa moito que desexar na súa marxe oriental. Cómpre solucionar o problema destes vertidos, os emisarios rotos ou os alivios. Hainos que están a simple vista cada vez que baixa a marea. A cantidade de bacterias coliformes que están presentes na ría, e que afectan á súa flora e á súa fauna, ten moito que ver con esta desatención por parte do goberno do Principado coa ría de Ribadeo, atención que non lle falta cando se trata de promover debates nominalistas. Co paso do tempo vai quedar a impresión de que para unhas zonas foméntase a inversión, pero para outras, os debates estériles.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



