O deputado popular aprema aos socialistas a aclarar se o Goberno de Pedro Sánchez se vai situar ou non a favor deste proxecto estratéxico para a provincia e para o sector forestal
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022. O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, reprobou que os socialistas lucenses “menosprecen” a iniciativa para a posta en marcha da futura fábrica de fibras téxtiles de Altri, en Palas de Rei, e pediu que o Goberno de Pedro Sánchez aclare se finalmente “se vai a situar ou non a favor deste proxecto”.
Así o asegurou o deputado durante a sesión da Comisión de Industria do Parlamento galego onde se debatía unha iniciativa sobre eólica mariña pero durante a cal, de xeito paralelo, xurdiu o debate sobre o proxecto estratéxico que aspira a poñerse en marcha na Ulloa.
Balseiro censurou a actitude dos deputados do PSOE nesa Comisión -os lucenses Patricia Otero e Martín Seco- que durante as súas intervencións aseguraron que o proxecto de Altri era un “bluf”, en claro desprezo desta iniciativa empresarial.
O deputado popular censurou as palabras dos parlamentarios socialistas é afirmou que son unha “aberración” pero que explican o feito que de o Goberno socialista central pretenda “dividir en 17 proxectos esta iniciativa” como condición para que poida acceder aos fondos europeos (Pertes)
Balseiro sostén que coa posta en marcha da futura fábrica de fibras téxtiles de Altri esta empresa ten amosado o seu firme compromiso con Lugo e sinala que é un proxecto “estratéxico e irrenunciable” para a provincia, para Galicia e para o sector forestal.
“Se o Goberno central non axiliza a asignación dos fondos europeos e non presta a atención que se merecen proxectos transformadores como este, corremos o serio risco de perder a oportunidade dos fondos Next Generation para modernizar e dar músculo ao tecido industrial da nosa terra. O caso de Altri é un bo exemplo. Falamos dun proxecto que se está preparando para marcar a transformación industrial da provincia de Lugo e de Galicia en xeral durante as próximas décadas”- conclúe Balseiro.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



