Xa está aquí. De novo chegou Decembro e, con él, as datas máxicas, Noiteboa, que xa case tocamos, e fin de ano.
Un ano este que eu xa din en chamar o “ano dos descubrimentos”, porque se por algo se caracterizou, a lo menos para min, entre outras cousas, foi polos miles e miles de euros investidos, ou mais ben debería dicir, dilapidados, en supostos estudos e investigacións que “descubriron”, así, entre aspas, o que é tan vello coma o mundo, pero que semella ser unha novidade e que se aproveita para revestir de causa social, de maneira que o negocio iniciado con eses sisudos estudos, quede asegurado.
Violencia vicaria, maltrato psicolóxico, enfermidades mentais…..Son algunhas, entre outras, desas causas, que, sorpresa!, apareceron aí de súpeto, coma se non existiran ata agora e a estas últimas, as enfermidades mentais, ou, mellor dito, a saúde mental, vou a referirme.
Depresión, pensamentos suicidas, angustia, ansiedade…son conceptos que os “descubridores” e a sociedade en xeral se acostumou a manexar, sobre todo de cara a galería, reclamando unha atención a todos eles, a quen os padece, da que din, carecemos, o cal é certo.
Reclaman protocolos de actuación, profesionais, prevención….algo que debería ser básico, e de puro sentido común, pero que, se ben xa é difícil que tales demandas se manteñan mais alá do mes de Outubro, no que se celebra o día dedicado a estas patoloxías, porque aquí, nesta sociedade nosa, xa se sabe, somos moito de datas D, e tamén de “pasou o día, pasou a romaría”, son totalmente esquecidas, mesmo por aqueles que as abandeiran, en canto chegan estas datas, non amosando nin un mínimo de sensibilidade con tantas e tantas persoas para as que constitúen un auténtico calvario e que precisarían mais apoio e axuda que nunca.
Estamos xa, desde hai case un mes ou mesmo mais, mergullados nun período que se prolongará ata o 6 de Xaneiro no que hai que ser feliz por decreto lei, quererse moito, ter unha familia e un fogar cálidos e acolledores, dignos dun conto de Dickens no que xuntarse, gastar sen límite en ágapes e agasallos e, o mais importante, que se saiba, facer ostentación ata a saciedade en redes sociais, en encontros na rúa, en medios de comunicación, desa abundancia e felicidade que todo o invade.
Ninguén, ou moi poucos, semellan decatarse da tristura, da angustia, que estas datas supoñen para moitas persoas, para moitos fogares, que están a vivir un auténtico pesadelo que poden mesmo, nalgúns casos, chegar a ter fatais consecuencias.
Unha tristura que case sempre se cala, porque comunicala, contala, ou, para dicilo mais claro, pedir axuda e comprensión, se nunca está moi ben visto, menos aínda no Nadal.
Soedade, necesidade, abandono, tristura, van ser, coma cada ano, os compañeiros de moitas persoas, o que se vai agochar detrás de moitas portas, o que se vai calar porque dicilo, lonxe de xerar un mínimo de empatía, equivale a que te chamen amargado, sen que, por suposto, se lle brinde comprensión ningunha a quen o fai.
Raro é o fogar no que nestes días non se fai notar algunha ausencia por diferentes causas, e mais nestes tempos post pandemia.
Tamén por problemas ou conflitos familiares, xa que, por moito que se tente disfrazar todo de felicidade, haber, hainos,ou, sinxelamente, porque, a medida que vai pasando o tempo, e o núcleo familiar vai mudando, van xurdindo novos compromisos que, inevitablemente, abocan, en moitas ocasións, a alguén a soidade mais absoluta, algo que se fai notar principalmente, entre os mais maiores, que teñen que unir a estes factores que os seus xa sempre escasos recursos de evasión como poden ser as xuntanzas nos centros sociais para xogar unha partida de cartas, tomar un café, ou, sinxelamente, charlar con outras persoas, desaparecen.
Nin sequera a tv. os acompaña, xa que é un recordatorio constante de que todo o mundo é, aparentemente, feliz, agás eles, ou, como moito,ofrece refritos e repeticións de programas ou películas vistas e revistas mil veces, agás, claro está, que opten a plataformas de pago, algo inviable polas súas circunstancias ou pola falta de recursos, o cal nos leva a outra problemática que, durante o mes de Decembro, desaparece do mapa:
A necesidade, a pobreza, que, nos guste ou non, seguen a existir, e mentres moitos, demasiados, se gaban do despilfarro económico que van facer en agasallos, banquetes, nos que non faltará de nada e sobrará de todo, e do mellor, algo que se cuidarán, por suposto!, de documentar fotográficamente en redes sociais e de contarlle a todo o mundo, queira ou non escoitalo, para outros, moitos mais dos que se puidera pensar, este é un fin de mes mais ao que non chegarán, mesmo peor que os do resto do ano, xa que os prezos, por mor precisamente do Nadal, vense notablemente incrementados.
O frío, a soidade, e contar ata o derradeiro céntimo para poder mercar o mais básico, se é que queda algún céntimo que contar, van ser os únicos compañeiros, para moitos, nestas festas, algúns dos cales non van poder soportalo, porque o que veñen carrexando o resto do ano como boamente poden, lles cae enriba estes días con todo o seu peso.
Evidentemente, ninguén ten na súa man evitar todas estas circunstancias, nin se trata de que todo o mundo se impregne de tristura, pero tampouco é preciso, creo, levar ata o extremo que moitos levan, esa ostentación de felicidade, de prosperidade, que, dito sexa de paso, en non poucos casos fica neso, en pura ostentación, totalmente falsa e que tenta agochar unha realidade que nada ten que ver co que pretenden facer crer.
Está moi ben que todo o mundo desfrute destas festas do mellor xeito posible e, se pode, con quen mais o desexe, pero non pode ser tan difícil tentar entender a quen sabemos que non está a pasalo ben, brindarlle un chisco de comprensión a quen claramente elude o tema, sobre todo cando se lle pregunte onde e con quen as pasará, porque o seu silencio é a resposta mais elocuente, sen insistir machaconamente unha e outra vez, e, por suposto, sen martirizar a quen nos dí que sos ou soas con críticas desapiadadas a aqueles que se supón deberían acompañalos e non o fan e que, malia todo, son as persoas as que mais queren, en moitos casos, sangue do seu sangue.
Por todo isto, unha realidade que en Si, hai saída coñecemos ben, quero, no nome de todo o equipo que a integramos, pregarvos, nestas festas, a algúns un mínimo de comprensión cos que non teñen a mesma fortuna que vos, e a todos e todas aquelas que estades a pasalo mal, transmitirvos o noso apoio, o noso ánimo, e lembrarvos que as datas son soamente eso, datas, que pasan, e que, coma vos, nos tamén temos moitas e moi diferentes circunstancias e vivimos cos pes na terra.
E, para todos e todas en xeral, que pasedes estas datas do mellor xeito e con toda a felicidade ou, a lo menos, serenidade, que sexa posible.
























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



