Os presentes poderán desfrutar de música e racións de callos para despedir o ano ao ritmo de rock
Cervo, decembro de 2022. Tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.
Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Cibrao e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.
O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.
Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca que versionará as mellores cancións de rock e heavy metal da historia, e dende portugal chega ao festival Hybrid Park, a xa coñecida banda que recorre os escenarios co seu tributo á mítica banda estadounidense Linkin Park.
Como todos os anos, o Callo Fest conta con un suadoiro oficial que poderá ser reservado no teléfono 691 656 600. A comida xogará tamén un importante papel grazas á colaboración da pizzería O Trasgo. Os presentes poderán cear na carpa unha pizza por 12€ ou unha porción por 4€ e, quen o desexe, poderá reservalas con antelación antes das 15:00H do día 29 de decembro nese mesmo número.
Tamén se dará –como xa é tradición- un ensaio das badaladas de fin de ano para darlle a benvida ao 2023. A festa rematará co reparto de racións de callos ao ritmo dos mellores temas grazas á disco móbil La duendeneta.
Dende a organización e o Concello de Cervo convidan a todos e todas a asistir o próximo 30 de Decembro á Praza dos Campos de San Cibrao para desfrutar da mellor música grazas a este alternativo festival.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


