A Xunta ten previsto actuar en máis de 1.100 paradas das estradas autonómicas co fin de mellorar a seguridade e a accesibilidade cun investimento de arredor de 35 M€
Lugo, 27 de decembro de 2022. A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, investirá 1,6 millóns de euros na mellora de 51 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas na zona norte da provincia.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública, tamén a efectos expropiatorios, este proxecto, ao que as persoas que así o desexen poderán trasladar as súas achegas ata o 8 de febreiro.
Arias desprazouse ata a estrada LU-530 no cruce do Carqueixo, en Lugo, onde se realizará unha das actuacións que forman parte deste Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas; neste caso, construiranse na zona de dominio público da vía os accesos de entrada e saía, que tamén posibilitarán o cambio de sentido, ademais de instalar unha marquesiña, sinalización e outros elementos.
Este proxecto de mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús inclúe 15 estradas que conectan polo norte coa cidade de Lugo, e discorren por dez concellos. En concreto, contempla a mellora de 30 paradas no municipio da capital, cinco en Xove, catro en Castro de Rei, dúas en Riotorto, Outeiro de Rei, O Vicedo, Cospeito e Begonte, e unha en Abadín e Meira respectivamente.
A documentación pode consultarse na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Delegación Territorial de Lugo e nas casas consistoriais dos citados concellos.
Paralelamente, estase traballando no proxecto para acometer actuacións similares nas estradas autonómicas que enlazan coa capital de Lugo desde os municipios do sur da provincia.
Arias explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá arredor de 35 millóns de euros en distintos proxectos para reformar máis de 1.100 paradas nas estradas galegas, co obxectivo de fomentar o acceso ás cidades en transporte público.
A medida está financiada ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.
Principais actuacións
A iniciativa pretende dotar ás paradas de autobús de marquesiñas, postes, bancos ou o apoio isquiático. Pero, segundo afirmou Arias, “sendo importante o confort dos usuarios do transporte público, vai moito máis alá e incide directamente na accesibilidade e a seguridade”.
Deste xeito, realizaranse obras cando sexa preciso para facilitar as manobras dos autobuses e tratarase de favorecer a conectividade das paradas a través da execución de beirarrúas ou sendas peonís. Mellorarase a accesibilidade para peóns e persoas con mobilidade reducida, grazas a esa conexión das paradas cos itinerarios peonís, á execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento con podotáctil.
Así mesmo, reforzarase a seguridade das paradas, tamén con perspectiva de xénero, coa eliminación de vexetación, a mellora da visibilidade e iluminación na súa contorna; e actuarase sobre a información e a sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



