O delegado lembra que o 26 de xaneiro caducan os permisos de conexión duns parques “vitais para a industria galega” e pide “responsabilidade”
A Coruña, 28 de decembro de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, traslada a preocupación do Goberno ante a falta de resposta da Xunta de Galicia con respecto aos informes necesarios para tramitar os parques eólicos que darían enerxía a Alcoa, unhas instalacións “vitais para a industria galega” e para poder reactivar a produción de aluminio primario prevista para 2024. O delegado insta á Xunta a “dar unha resposta inmediata”, lembra que o vindeiro 26 de xaneiro caducan os permisos de conexión e pide “responsabilidade” ao goberno galego, do que lamenta que trate de evadir as súas competencias “tras case dous anos de brazos cruzados”.
“Xa estamos no tempo de desconto”, apremia José Miñones, que lembra que o Goberno xa lle concedera dúas prórrogas previamente á Xunta e, a pesar diso, aínda non cumpriron coas súas obrigas. Os informes enviados polo goberno autonómico para estes parques non eran válidos, e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) continúa á espera tras dúas reiteracións de solicitude –a última, o pasado 14 de decembro-.
“O Ministerio e os técnicos están completamente volcados con este tema, xa que somos moi conscientes da relevancia destes parques para Galicia, pero pedimos seriedade para obter unha resolución favorable cun traballo conxunto e lealdade institucional”, afirma. “De nada serve promulgar declaracións de excepcionalidade se despois non se fai o traballo”, remata.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



