No PP destacan que agora “o Concello de Foz ten que sacar a licitación canto antes o novo concurso, que xa o deberá ter feito hai catro meses”
Foz, 29 de decembro de 2022. O grupo municipal do PP trazou a folla de ruta para resolver o problema da Residencia de Anciáns de Foz, e, seguindo o previsto, propiciou unha reunión dos voceiros municipais co responsable do Consorcio, segundo explica, o portavoz popular, Javier Castiñeira: “O grupo municipal do PP asistiu no día de hoxe a unha reunión entre os voceiros da corporación municipal de Foz e o xerente do Consorcio Galego de Benestar, da que saímos satisfeitos, como sempre saímos desta casa” Engade: “Sempre saímos satisfeitos dende que solicitamos no seu día, cando estabamos no goberno local, a construción dunha residencia e o seu equipamento e así se fixo; dende que solicitamos a cesión do edificio, para que a residencia fora municipal e así podee facer unha transición entre o asilo e a permanencia dos residentes e dos traballadores; e así se fixo dende que no día de hoxe pedimos esta reunión urxente para tratar de resolver o problema da residencia de anciáns”.
Castiñeira sinala: “Comprobamos que non hai ningún problema para renovar esa cesión; tampouco parece haber maior problema para chegar a un acordo para chegar á cesión definitiva. Entendemos que unha vez dadas estas circunstancias o Concello de Foz ten que sacar a licitación canto antes o novo concurso, que xa o deberá ter feito hai catro meses, así como a decisión de recibir catro anos esta residencia; non o fixo e agora imos bastante apurados, pero estamos contentos”.
Os populares destacan que aproveitaron “a reunión para pedir ao consorcio a posibilidade de financiar algún equipamento a maiores e creo que hai boa vontade”.
Castiñeira di que, seguindo a folla de ruta marcada polo PP, “o Concello, unha vez avanzado co Consorcio, canto antes, ten que poñerse a negociar coa empresa, que foi o que eu mesmo lle pedín no seu día a Cajoto, cando quixen falar con el para tratar de acercar posturas”. “Espero -di Castiñeira- que haxa tamén boa vontade pola empresa; con todo iso, a folla de ruta trazada polo PP é a máis segura para manter esa tranquilidade que necesita a día de hoxe a Residencia de Foz”.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



