Instan tamén a Xunta á ir desmandelando aqueles parques eólicos que xa están a agotar a súa vida útil para eliminar a excesiva presión eólica que sofre a Serra do Xistral e a Serra da Carba
A Mariña, 30 de decembro, 2022. Case que desde calquer punto da Serra do Xistral pódese ver ao redor de 651 aeroxeradores. É tal o grao de presión eólica e da afección urbanística sobre os humedais e as turbeiras que é moi probable que non se garanta a conectividade ecolóxica.
As afeccións esténdese á Reserva da Biosfera Terras do Miño, onde hai proxectos eólicos en tramitación sobre a zona tampón, como o proxecto eólico Hépotas II (ampliación do Hépotas xa instalado).
A meirande parte dos proxectos eólicos prevén o seu desarrollo sobre masas de auga soterradas (código ES014MSBT014-015 “ORTEGAL – A MARIÑA) e sobre Zonas protexidas de augas potables como o proxecto eólico Hépotas II ou o Escoiras. Existe unha afección severa a humedais como o Humedal “Tremoal da Gañidoira” (código IGH: 1120039), pertencente ao “Complexo de turbeiras e brezais do Xistral – 14”; e ao Humedal “Brañas do Porto da Gañidoira” (código IGH: 1120099), pertencente ao “Complexo de turbeiras e brezais da Serra do Xistral – 13” por parte de proxectos eólicos en tramitación como o proxecto eólico Hépotas II.
Ademais periga a necesaria coherencia da Rede Natura e a afección esténdese a outros espazos protexidos como o Río Landro, o Río Ouro, Monte Maior, Ortigueira -Mera, Estaca de Bares e a Costa da Mariña Occidental, estas duas últimas máis distantes pero que tamén sofren o acusado impacto paisaxístico e visual da acumulación de estacións eólicas.
Desde todos os miradores da entorna se ven aeroxeradores. É de tal envergadura a presión eólica existente que os miradores non cumplen coa súa finalidade paisaxística e de recreo. Se se continúa implantando aeroxeradores o Feísmo paisaxístico continuará acrecentándose. A fragmentación da paisaxe é manifesta en miradoiros como O Castelo, a Cima de Cuadramón, o Alto da Curuxeira, o Miradoiro da Gañidoira, o Alto da Pena Cadela, a Cima do Xistral, o Alto do Caxado, o Alto da Faladoira, o Alto do Lomo Gordo, o Mirador Goía -Peñote, o Mirador de Manzoi o Mirador de Ambosores, …etc.
Por outra banda, isto conduciría á progresiva descatalogación de espazos catalogados no seu día como Áreas de Especial Interés Paisaxístico (AEIP), precisamente pola beleza paisaxística da que eran merecedores neste momento. Hoxe en día, co acúmulo de estacións eólicas, a función paisaxística e de recreo comeza a ser cuestionada. A afección paisaxística xera un acusado FEÍSMO PAISAXÍSTICO sen parancón. Así espazos como Serra da Cabra (AEIP_03_01), Fraga da Carballeira (AEIP_11_10), Fragas das Esqueiras (AEIP_11_04), Fraga de Ambosores-Alto Sor (AEIP_11_08), A Serra do Xistral (AEIP_11_11), A Caxigueira-Fervenzas do Escouridal (AEIP_11_12), Río Landro (AEIP_11_05), Monseivane (AEIP_03_02), Pozo da Ferida (AEIP_11_06), Serra da Toxiza, Tronceda-Fragavella (AEIP_11_13) están a sofrir as consecuencias da excesiva fragmentación e a perda da necesaria conectividade ecolóxica.
Por outra banda, os antigos carreiros e vías pecuarias só se ven por parte das promotoras eólicas e da propia Xunta como “vieiros a acondicionar” obviando a súa función ecosistémica fundamental como corredor ecolóxico e zona de fluxo de especies e de intercambio xenético.
A política eólica da Xunta é un erro garrafal e é moi reprochable o que está a facer de forma consciente: burlar a normativa de protección do medio para poñela ao servizo dos intereses do lobby enerxético, nun país onde só se
fomentan as estacións eólicas e as plantacións de eucaliptus, e o benestar dos ecosistemas e das persoas está en serio declive.
Cómpre frear o despropósito da política eólica da Xunta e comezar a desmantelar os parques eólicos das Serras da Carba e do Xistral que xa se achen ao fin da súa vida útil.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



