Ribadeo, 13 de xaneiro de 2023. O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora de novo na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres #Galegas Dixitais.
O edil Pablo Vizoso explicou que “esta formación vai dirixida a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, co obxectivo de mellorar as súas competencias informáticas de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e tamén reducir a fenda de xénero que existe no acceso e no emprego das novas tecnoloxías”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “o programa presenta un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado e está dividido en tres bloques, de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas; competencias dixitais avanzadas; e competencias dixitais para o emprendemento”.
Vizoso Galdo dixo que “a formación é totalmente gratuíta, e ao remate do curso entregaráselles ás alumnas o equipo portátil co que estiveron traballando, para que conten cun dispositivo que lles permita poñer en práctica os coñecementos adquiridos”.
Esta nova edición de #Galegas Dixitais impartirase no Concello, e dará comezo a principios de febreiro, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. A selección de alumnas vai ser o próximo martes, 17 de xaneiro, polo que as persoas interesadas en participar deben facelo canto antes a través dalgún dos seguintes medios. A través do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadeo no teléfono 982 128 650; vía whatsapp no 698 197 518; por correo electrónico en lugo@galegasdixitais.es ou da web www.galegasdixitais.es
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



