O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que está aberta unha nova convocatoria desta liña de axudas, que busca incentivar a adquisición de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida e pouco contaminantes
Vilalba, 13 de xaneiro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade concedeu nos últimos meses 164.000 euros a 20 taxistas de Lugo para adquirir vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida -os denominados eurotaxis -; taxis de baixas emisións ou de emisións cero.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro cun taxista do concello de Vilalba que mercou un eurotaxi co apoio da última orde de subvencións, correspondente a 2022.
Arias explicou que do total das achegas aprobadas, 11 foron para taxis adaptados, 12 para os chamados ECO – de baixas emisións – e unha para un automóbil de emisións cero. Algúns dos 20 taxis beneficiarios reunían varias das características.
En canto ao reparto na provincia, o municipio de Lugo rexistra tres beneficiarios; a Fonsagrada outros tres; as comarcas da Terra Chá e Meira seis -dous en Vilalba e un na Pastoriza, Guitiriz, Meira e Pol -; a Zona Sur cinco – en Carballedo, Pantón, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos e Sober -; e un en Portomarín, Samos e Monterroso, respectivamente.
Arias afirmou que a Xunta ten aberta unha nova convocatoria desta liña de apoios cun orzamento total de 500.000 euros. As axudas, que son compatibles entre si, ascenden a 10.000 euros para mercar de eurotaxis; 6.000 euros para vehículos de emisións cero; e 4.000 euros para o caso de baixas emisións. O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 14 de outubro de 2023.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



