Burela, 13 de enero de 2023. A comunidade das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas fai balance da actividade e ocupación do seu Centro de Día de menores, a súa Casa de Familia e o seu Centro de Acollida e Inclusión Social durante o exercicio 2022, un ano moi especial para a Casa, xa que se cumpriron vinte anos das obras sociais en A Mariña. Durante estas dúas décadas de traballo, saíron adiante grandes proxectos, superando un innumerable número de vicisitudes, incluíndo, como non, os anos de pandemia que teñen alterado tanto as nosas vidas. A tarefa continúa e a comunidade relixiosa, cun gran equipo de profesionais ao seu carón, mira con fe e optimismo cara ao futuro.
Centro de Día de Menores San Aníbal
Polo que se refire ao Centro de Día de Menores, ao longo do ano que finalizou, foron atendidos 36 usuarios (12 rapazas e 24 rapaces), con idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. A meirande parte destes rapaces son de nacionalidade española (31), pero tamén os hai (5) de nacionalidades caboverdiana, nixeriana, ecuatoriana e peruana. É certo que a procedencia das familias destos usuarios reflexa a realidade de Burela e a súa comarca, con orixe en España, Marrocos, Ecuador, Nixeria, Honduras, Senegal, Portugal, Cabo Verde, Uruguai, Perú, Romanía e Madagascar.
Os 36 usuarios que tivo o Centro durante o pasado ano repártense entre os concellos de Burela, Foz, Ribadeo, Cervo e Ferreira do Valadouro.
En canto ao grao de ocupación deste Centro de Día, que conta con vinte prazas concertadas para a atención de rapaces e mozos de 0 a 18 anos, cabe decir que, durante o exercicio 2022, tivo unha sobreocupación lixeiramente superior ao 44%.
Casa de Familia San Aníbal
Este fogar funcional de protección de menores que se atopan en situación de Garda ou Tutela Pública pola Xunta de Galicia atendeu ao longo do ano 2022 a 14 usuarios (6 rapazas e 8 rapaces, entre os seis e os vinte anos de idade). O total de usuarios é de nacionalidade española, mentras que entre as súas familias, aínda que de procedencia maioritariamente española, tamén as hai de orixe brasileiro, dominicano, marroquí e portugués. Entre os concellos de onde veñen estos menores, están Foz (con 7 usuarios), Burela, Viveiro, Ribadeo, Antas de Ulla e Ferrol.
É oportuno citar os motivos que teñen levado a estos 14 usuarios á situación de tutela administrativa: abandono familiar (6 casos), problemas de conducta no menor e dificultade da familia para afrontalos (3), violencia de xénero e/ou violencia intrafamiliar (2), enfermidade grave no núcleo familiar (2) e, por último, dificultades para afrontar o cuidado dos menores (1 caso).
A Casa Familia, que dispón de oito prazas, tivo no cómputo global do ano unha sobreocupación do 4,7%.
Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena
Baixo o programa de acollida temporal adicado preferentemente a mulleres con fillos menores ao seu cargo e en situación de vulnerabilidade, o Centro María Nazarena atendeu a tres familias ao longo do pasado ano: dous destas familias estaban compostas por madre con fillo ou filla menor ao seu cargo, e unha terceira compoñíaa un home con fillo menor ao seu cargo. As familias eran de nacionalidade española, costarricense e dominicana, e viñan dos concellos de Foz, Vilalba e Viveiro.
Partindo do obxectivo inicial de cubrir as necesidades básicas de aloxamento e manutención destas familias, o Centro facilita a estos usuarios orientación e apoio a nivel xurídico, laboral, educativo, sanitario e social; facendo, deste modo, máis doada a súa integración na sociedade, e fomentando, ademais, a súa autoestima e independencia.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



