A dirección provincial do partido está convencida de o PP volverá gañar as eleccións e esta vez gobernará, porque o “goberno de perdedores”, do PSOE, co apoio do BNG, é responsable de que A Fonsagrada perdera poboación, servizos e recursos
A Fonsagrada, 14 de xaneiro, de 2023. A estabilidade e a continuidade marcan a composición da xestora do Partido Popular de A Fonsagrada, constituída ao fío da renuncia, por motivos estritamente persoais, de José Luis Regueiro, a seguir á fronte da organización no municipio. Tanto é así que a xestora está formada polos mesmos membros que a anterior comisión executiva do partido, pero con Bernardo Xavier Niño Neira, empresario de hostalería, na presidencia. A xestoraqueda integrada así: Presidente, Bernardo Xavier Niño Neira (concelleiro); José Luis Regueiro Fernández (concelleiro), Amelia López Niño (concelleira); Yrma Fernández López (concelleira), Adrián Fernández Fernández (concelleiro), Carlos Fernández Vázquez, Rosario López Linares, Maira López Lombardero, José Manuel Álvarez Pérez, Antonio Rodil Álvarez, José Fernández Riveras, Zeus López Deiros e Amador Rego Murias.
O presidente da xestora, Bernardo Niño, destacou a normalidade no relevo á fronte da dirección local do partido, debida, como lembrou, á renuncia de José Luis Regueiro, por motivos persoais.
Niño apuntou que a dirección popular no ámbito local seguirá a facer unha cada vez máis intensa escoita activa da sociedade fonsagradina, co fin de ser aínda máis útil. Igualmente, indicou que o estímulo da participación será outro dos grandes eixos do traballo da xestora. “Queremos escoitar a todos os que teñan algo que dicir, a todos os que queiran facer aportación de ideas e traballo”, sinala o presidente da xestora.
Niño destacou que a xestora fará canto este nas súas mans para que o PP goberne na Fonsagrada como resultado das próximas eleccións municipais. Sinala: “Está claro que os gobernos socialistas teñen demostrada moi pouca capacidade de xestión, de maneira que o concello segue a perder poboación, que cada vez está máis envellecida; A Fonsagrada perde servizos e non hai relevo xeracional nin no comercio nin nas explotacións gandeiras; o fracaso no asentamento de poboación e industria nestes anos foi rotundo”.
Á constitución da xestora asistiuunha representación da dirección provincial do Partido Popular da provincia de Lugo. O coordinador xeral do PP, e portavoz provincial, José Manuel Balseiro, lembrou que o PP foi o gañador das pasadas eleccións locais e quedou a moi poucos votos da maioría absoluta. A Fonsagrada ten “un goberno de perdedores”, gracias a colaboración do BNG “que é tan culpable como o PSOE do que ocorreu estes catro anos na Fonsagrada”. Os populares non dubidan de que “se o PP non ten maioría absoluta, o Bloque volverá a apoiar ao PSOE”. Balseiro está seguro de que o PP gañará as eleccións e, por fin, “gobernará o partido que gaña as eleccións”.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



