O Presidente asinou un convenio de colaboración co presidente do colectivo burelés para cubrir os gastos do longo proceso de creación deste xigante tapiz, un dos atractivos das festas patronais que atrae a centos de persoas a esta localidade da Mariña
Lugo, 17 de xaneiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co presidente da Asociación Cultural Burelafloral, Martín Soto Lestao, para financiar os gastos derivados da organización e confección da alfombra floral, un dos grandes atractivos das festas patronais de Burela, que se celebran a primeira fin de semana de xuño na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.
José Tomé Roca agradeceu ao presidente do colectivo o traballo por manter viva esta tradición lonxeva “que converte un dos actos máis fervorosos e populares destes festexos nun gran atractivo para a Mariña, recibindo estes días a centos de visitantes e fieis que queren ver a procesión da Virxe sobre este xigante manto floral”. Desta forma, colaborando con este tipo de iniciativas, dende a institución provincial “estamos promovendo a imaxe turística da provincia cara ao exterior, e contribuíndo a xerar riqueza a través da nosa cultura e das nosas tradicións”, explicou.
A Deputación, xunto ao Concello de Burela, aporta con este acordo a contía económica necesaria que permitiu á entidade estender uns 500 metros de tapiz floral, desde as inmediacións da igrexa parroquial ata o porto da localidade mariñá, contribuíndo así a enxalzar o paso da Virxe. Nesta última edición do 2022, de título Polas festas que nos perdimos, o deseño da tapiz estivo inspirado nas festas máis relevantes da comarca e de toda a provincia con motivos en referencia a citas, entre outras, como a Festa do Bonito, a Maruxaina, As San Lucas de Mondoñedo ou O San Froilán.
Implicación de toda unha vila
A elaboración da alfombra floral de Burela é un dos atractivos do día grande das festas patronais, pero o traballo comeza catro meses antes coa preparación dos materiais para a súa confección, sobre todo o da flor.
Ao redor deste proceso implícase toda a vila. Burelenses de todas as idades, desde os máis pequenos aos máis maiores, comparten este sentimento, que comeza co traballo da selección e picado da flor nos baixos das súas casas. Nestas semanas previas, tamén se preparan os tintes para dar as distintas tonalidades cos que completar os debullos, sobre todo en serraduras e sal. Outros materiais empregados son o caolín e o café, que aportan as cafeterías da zona para o seu cribado e secado ao sol. Un acto de devoción, culto e convivencia que remata o día da procesión coa confección da alfombra que tingue de cor as rúas da localidade, atraendo a centos de persoas que queren presenciar a pé de manto o espectáculo.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



