15 de xaneiro de 2018. Lémbraste do que fixeches ese día? Era sábado, un sábado corrente. En Ribadeo, seguindo a senda doutros lugares do estado, algunha xente comezou unha andaina que aínda dura, porque non chegou ó destino. O destino: equidade cos maiores, equidade na atención pública, nos servizos… ter, asegurar un futuro.
Como lembranza desa data, Suso Fernández, integrante da plataforma asociada a MODEPEN en Ribadeo, colgou no aniversario un cartel nas redes sociais:
“Tal día como hoxe, o 15 de xaneiro de 2018,
saíamos ás rúas por primeira vez,
vai un lustro e aquí seguimos.
Agora, ademais, loitando
por uns Servizos Públicos
que nos queren privatizar descaradamente.
Goberne quen goberne,
as pensións e o público deféndense.
Nin un paso atrás.”
Saír ás rúas nos tempos das redes sociais en internet? Si, porque hai motivo. E si, porque nas rúas hai e se ve unha comunidade que se pode unir, e manifestar a súa unión dun xeito máis vivo. Hai xente en precario, maior, e tamén nova. Unha precariedade que non debera existir, que non debera permitirse. Pero que está aí. Aquí. Unha precariedade que non é puntual, é social: os maiores teñen -temos- conciencia de que non pode desaparecer a precariedade (parece que falamos da precariedade pensionista, pero non, non só) se ó tempo non desaparecen os soldos tamén precarios da xente nova. A sociedade é complicada. E non pode variar de pronto, pero ten (temos) necesidade de ilo facendo, mellorar, afacerse ós tempos e ó que traen consigo do mellor xeito posible e actuar. Si, a sociedade ten (temos) que ser capaz de marcar os tempos e as circunstancias, tomar o control de nós mesmos para encarar o futuro. E si, dentro do posible, un posible que hai que ir ampliando na mellora social. Ninguén dixo que sexa doado, que non custe traballo ou que non se vaian cometer erros. Pero ou o intentamos ou sairá ‘calquera cousa’.
Mais estamos en tempos nos que parece que o mellor que se pode facer é non empeorar moito. Tempos curtos de miras, unhas miras que é necesario ampliar. Ampliar para que caibamos todos, para que as melloras non queden concentradas nuns poucos. Xa se sabe o da media: din que melloramos se un, o un por cento suma 100 máis do que sexa mentres os outros 99 % perden cada un o 1 que tiña; en total, gañouse 1, pero 99 están moito peor que estaban. Por iso a necesidade de coidar o común (de coidarnos en común), o comunitario, que na nosa sociedade en xeral está xestionado baixo o epígrafe de ‘público’, e moitas veces esas institucións públicas actúan con propiedade, como se fosen unha entidade máis, privada, ó servizo de alguén, particular, e non ó servizo de todos, común.
Cinco anos. E os que fagan falta. A xente imos pasando, uns van, outros achéganse. Pero non son as pensións, somos nós. En Ribadeo, en Galicia, no estado. Nós. Inclúete. A sociedade somos nós





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



