Barreiros, 31 de xaneiro de 2023. O Concello de Barreiros vén de asinar un convenio de colaboración coa entidade Alar Galicia co que se pretende poñer en marcha no municipio programas de carácter social dirixidos á poboación barreirense.
A entidade social sen ánimo de lucro, que traballa no ámbito dos servizos sociais desde 2001, ten en marcha varios proxectos que centran a súa atención fundamentalmente nas mulleres e as persoas mozas.
A alcaldesa, Ana Ermida, que asinou o convenio co director da entidade, Fernando González Truque, agradeceulle a disposición a aportar a súa experiencia neste ámbito para desenvolver novos programas en Barreiros. Así, o primeiro dos programas que se porá en marcha trátase do “Proxecto Mellora”, de inserción sociolaboral dirixido a potenciar, favorecer, promover e fomentar a igualdade de oportunidades no ámbito da inserción e permanencia laboral e na incorporación das persoas ao mercado laboral.
A alcaldesa manifestou a “necesidade de contar en concellos pequenos coma o noso, no que os recursos son máis escasos, con colaboracións deste tipo que garanten a igualdade de oportunidades da poboación de Barreiros.” A rexedora sinalou que “esta primeira colaboración preténdese ampliar a outros programas da entidade, como o de prevención de condutas aditivas, de apoio e atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero especialmente vulnerables, de prevención, sensibilización e asesoramento de persoas con tendencias suicidas ou de intervención con menores agresores de violencia de xénero”. “Estas actuacións, moitas veces silenciosas e discretas son fundamentais para a construción dunha sociedade máis igualitaria, xusta e sana”, concluíu.
A concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, que tamén estivo presente na sinatura explicou que “este proxecto vén a sumarse a outros que foron postos en marcha por este goberno coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro que pretenden achegar recursos á poboación barreirense, como coa Fundación Inserta”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



