A Unión Europea aprobou no 2002 e modificou no 2009 unha normativa para a extradición entre órganos xudiciais de dous Estados Membros da Unión Europea, a medio da chamada euroorde de detención para que a autoridade xudicial receptora deteña e poña ao dispor da autoridade xudicial emisora unha persoa, quer para que cumpra unha sentenza definitiva de condena penal, quer para que compareza a xuizo nunha causa tamén criminal. A euroorde só poderá executarse senon atenta contra os dereitos fundamentais da Carta Europea de 2000 e da Convención Europea de Dereitos Fundamentais de 1950.
O Tribunal Supremo español (TS) reclamou da autoridade xudicial belga a extradición do conseller Lluis Puig a medio dunha euroorde que foi rexeitada ao considerar que o TS non era o órgano xudicial competente para axuizar Puig. Xa que logo, o TS formulou varias cuestións prexudiciais perante o Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) para que éste, como supremo intérprete do Dereito da UE clarexara o alcance da devandita normativa europea de euroordes.
O TXUE decidiu estas cuestións a medio dunha sentenza o 31-X último na que resposta favorábelmente ao preguntado polo TS canto á posibilidade de emisión dunha nova euroorde a Bélxica malia xa ter sido rexeitada por sentenza defginitiva unha primeira, sempre que a nova euroorde respecte os dereitos fundamentais e sexa proporcionada. Tamén lle nega á autoridade xudicial receptora a posibilidade de rexeitar a euroorde baseándose só en normas do Dereito do Estado receptor.
Estas respostas motivaron un inxustificado optimismo no Goberno do Estado e no TS, que deron por feita unha próxima extradición do president Puigdemont e dos outros conselleiros exiliados. E este inxustificado optimismo definiu o tratamento case unánime da prensa de Madrid, considerando esa sentenza un trunfo do Poder Xudicial español.
Mais a lectura rigorosa da sentenza achega conclusións moi diferentes, Porque introduce como causas de rexeitamento da euroorde: i) a aplicación de normas de Dereito estatal que permitan rexeitala cando se considere existente o risco dunha vulneración de dereito fundamental ii) a avaliación de dados obxectivos e actualizados que amosen a existencia de deficiencias que atinxan á tutela xudicial dun grupo obxectivamente identificábel de persoas ao que pertenza o interesado e iii) que exista proba de que por mor do suxeito, delicto ou circunstancias do caso o órgano xudicial que vaia axuizar o caso sexa manifestamente incompetente.
O axuizamento e condena polo TS (2017-2019) de determinados dirixentes políticos cataláns amosou graves irregularidades alicerzadas na común condición de políticos independentistas das persoas atinxidas. Foron procesados por rebelión para que algúns cesasen como deputados e foron axuizados polo TS (o que lles privou da posibilidade de apelación) por desconfianza a respecto do Tribunal Superior de Catalunya, que era o ordinario predeterminado pola Lei.
Deste trato desigual non existen precedentes. Velaí a ampla posibilidade de que os políticos cataláns exiliados poidan achegar dados dun trato desigual baseado na súa común cualidade de politicos independentistas e da determinación da competencia do TS precisamente por esa común cualidade.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



