O prato forte será o venres 24 co desfile no que se repartirán 1000 euros en premios e a posterior cea e festa de entroido.
Barreiros, 10 de febreiro de 2023. O Concello de Barreiros organiza para este Entroido unha semana de actividades para todas as idades. Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando a cea e a festa no pavillón municipal, que fora adiada por mor da pandemia os anos anteriores.
No desfile, que terá lugar na noite do 24 de febreiro, repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías do desfile que serán entregados durante a festa posterior no pavillón.
Actividades infantís previas ao desfile
As crianzas poderán gozar neta ocasión de dúas actividades diferentes. O domingo 19, ás 18h, será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será a quenda do obradoiro de disfraces, para o cal será preciso anotarse previamente.
A festa de entroido celebrarase no pavillón municipal
A continuación do desfile, na noite do venres 24, volverá a ter lugar a cea e festa do entroido, cuxa recadación será a prol das asociacións colaboradoras do entroido 2023. O prezo da cea (servida por Chao da Brea) será de 25 euros e incluirá callos e costela como pratos principais, con opción de menú infantil por 15 euros.
Os puntos de venda das entradas para a cea son o restaurante Asador, a cafetería do Centro Social, o Concello ou nos teléfonos 669958271-698192121-609575536. A festa estará amenizada por Eventec e a entrada será libre.
Programación:
Domingo 19. 18 horas.
Festa infantil de disfraces (amenizada por Puzzle Animación)
Centro sociocultural de San Cosme
Mércores 22. 10:30 horas
Obradoiro de disfraces
Centro sociocultural de San Cosme
Venres 24. 21 horas
Desfile – Saída praza do concello
Cea de entroido (A continuación do desfile) – pavillón municipal
Festa amenizada por Eventec – pavillón municipal (entrada libre)
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



