Ribadeo, 13 de febreiro de 2023. Máis de 600 alumnas e alumnos dos centros de ensino de Ribadeo, Trabada, A Pontenova e Barreiros participan nas actividades organizadas este curso polo o Programa de Prevención de Drogodependencias e Outros Trastornos Aditivos do Concello ribadense.
En outubro, comezaron en Educación Primaria os obradoiros sobre Habilidades para a vida, que se están a desenvolver durante todo o curso en 5º e/ou 6º no Ceip Gregorio Sanz, de Ribadeo, no Colexio Sagrado Corazón tamén de Ribadeo, no Ceip Celso Currás, de Trabada, no Ceip Plurilingüe de A Pontenova, no Ceip de San Miguel de Reinante e no Ceip de San Cosme de Barreiros. En total participan 158 alumnas e alumnos de 10 a 13 anos.
Desde a Concellaría de Servizos Sociais, Mónica Freire, explica que “a educación en Habilidades para a Vida pretende dotar a cada persoa dunha batería de recursos persoais que lle axuden a obter o mellor de si mesmas, do seu mundo relacional e do entorno social, contribuíndo a previr riscos psicosociais de diversa natureza (abuso de drogas, acoso escolar,etc)”.
Desde o Programa de Prevención de Drogodependencias e Outros Trastornos Aditivos indican que “a 1ª sesión trata sobre a Autoestima, a 2ª sobre a Empatía e a 3ª sobre a Asertividade (en concreto, formas de dicir NON). A metodoloxía usada son audiovisuais e dinámicas de grupo co alumnado, polo que lles resulta moi ameno e divertido. Traballamos aula por aula, con grupos pequenos”.
Tamén se están a desenvolver actividades en Educación Secundaria e equivalentes:
Houbo unha charla informativa organizada o 21 de novembro sobre a Prevención do abuso de videoxogos/xogos de azar, a cargo da asociación Agalure de A Coruña, no que participaron 118 alumnos-as de 4º de ESO e FP Básica (15-16 anos).
E hai outras programadas para as vindeiras semanas. Así vaise celebrar unha charla coloquio sobre Instagram, Tik Tok e outras apps e a súa influencia no trastorno dismórfico corporal, que se celebrará o día 24 de abril para 2º e 3º de ESO e para FP Básica cun total de 153 alumnas e alumnos participantes de entre 13 e 16 anos. “Esta problemática parécenos tan importante que a imos a realizar tamén para familias e persoas interesadas en xeral”, segundo subliña Freire Rancaño.
A concelleira de Servizos Sociais engade: “estamos tamén desenvolvendo un programa de Prevención Secundaria co alumnado de FP Básica do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, sobre o consumo de cannabis (marihuana e haxíx) no que participan 15 adolescentes de entre 16 e 19 anos”.
Os centros de secundaria participantes son o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, o Colexio Sagrado Corazón e o CIFP Porta da Auga con alumnado de ESO e de Formación Profesional Básica. En total, entre 150 e 200 alumnas-os, dependendo do proxecto, xa que van dirixidos a distintas idades.
Desde o programa de Prevención de Drogodependencias e Outros Trastornos Aditivos do Concello ribadense e desde a Concellaría de Servizos Sociais agradecen “coma sempre a enorme colaboración de todo o persoal docente, equipos de dirección e equipos de orientación dos centros participantes. Pódense seguir todas estas actividades e cómo as imos desenvolvendo nas páxinas de Facebook e Instagram @adiccionszeroribadeo”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



