Esta xuntanza terá lugar en próximos días e nela Galicia trazará unha folla de ruta de defensa da frota galega ante estas restricións desproporcionadas que desatenden a realidade marítimo-pesqueira
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023. A Xunta reunirá ao Consello Galego de Pesca en próximos días para analizar polo miúdo co sector pesqueiro o ditame encargado polo Goberno galego á Fundación MarInnleg sobre o paquete de políticas marítimas presentado esta semana pola Comisión Europea e que inclúe o veto á pesca de arrastre nun terzo das augas dos Estados membro no 2024 e en todas as áreas mariñas protexidas da UE -un 30% das augas comunitarias- en 2030.
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, manifestou hoxe que este paquete de medidas de Bruxelas ten un calado medioambientalista inadmisible, desequilibrado e incoherente e supón un atentado para a xente do mar pois obvia os aspectos socioeconómicos e fai perigar o seu futuro. Nesta liña, a reunión do Consello Galego de Pesca tamén servirá para trazar unha folla de ruta de defensa da frota galega ante estas decisións desproporcionadas que desatenden a realidade marítimo-pesqueira.
Así o sinalou no marco do II Congreso Súmate ao cambio sustentable, organizado por Empresarias y Directivas del Atlántico (EDA) e no que o director xeral interveu no panel IV, titulado Cara a un Atlántico máis sustentable. Alí Antonio Basanta tamén fixo fincapé en que o Goberno galego seguirá reclamando xustiza para a frota que está a pasar momentos de dificultade debido a este tipo de prohibicións establecidas pola Comisión Europea.
Neste sentido, o representante da Consellería do Mar sinalou que o Executivo autonómico reforzará o traballo na vía diplomática e na xudicial e continuará defendendo á frota e apoiando ao Goberno central no camiño indicado desde Galicia.
Estas restricións á pesca de arrastre sumaranse ao veto actual á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 áreas de augas comunitarias e que foi recorrido ante o Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea polo Goberno central e a Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7).
Neste último recurso a Xunta presentarase como parte coadxuvante e avanza na estratexia de defensa dos intereses do sector ante esta prohibición. De feito, esta semana Antonio Basanta abordou con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e do bufete de avogados J&A Garrigues distintas cuestións vitais para dar solidez ao recurso. Este bufete conta con xuristas especializados en dereito comunitario e coñecedores da materia e a Consellería do Mar recorreu a el para apuntalar a estratexia galega e obter os mellores resultados posibles.
En relación coa avaliación sobre a PCP que inclúe o paquete de políticas marítimas de Bruxelas, o director xeral destacou a carencia de autocrítica e de solucións a cuestións como os descartes de pesca. A maiores salientou que Bruxelas tampouco propón medidas na estratexia para a transición enerxética do sector pesqueiro. Isto debe facerse, indicou, de xeito equilibrado, asumible para a frota e con apoios económicos da Comisión Europea para dispoñer de buques adaptados.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



