O alcalde encabezou durante estes anos esta área de traballo que ten como principal obxectivo a posta en común dos modelos de xestión en materia de inmigración dos diferentes concellos
Cervo, 1 de marzo de 2023. O rexedor Alfonso Villares, presidiu este mércores en Madrid a última reunión da lexislatura da Comisión de Integración e Cohesión da FEMP, que conforman 25 alcaldes e alcaldesas de toda a España e de todos os signos políticos.
Villares quixo agradecer o traballo realizado por todos os membros durante todos estes anos “nesta área de traballo que tiven a honra de presidir nunha etapa evidentemente marcada pola pandemia que nos forzou a realizar a maioría das xuntanzas a través de videoconferencia”.
Con todo, neste tempo abordamos cuestións de gran relevancia neste eido, das que informamos na reunión mantida esta mañá e que formaron parte da orde do día, en relación ao foro para a Integración social dos inmigrantes e do Consello para a Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica.
Tal e como apuntou o rexedor cervense, un tema moi importante que abordamos neste encontro “foi a aprobación das propostas de resolución para o XIII pleno da FEMP que se convocará despois das próximas eleccións municipais”. Son dez puntos encamiñados -explicou- a pedir que a FEMP cobre máis protagonismo e participe dun xeito máis activo na coordinación da participación das entidades locais nos organismos, foros ou outros espazos de interlocución relacionados coa integración e cohesión social, que promova a implementación de políticas municipais de acollida e integración que garantan plenamente os dereitos das persoas migrantes e que favoreza a súa integración na comunidade, ao mesmo tempo que tamén sexa a FEMP quen traballe na accesibilidade inclusividade e calidade dos servizos de integración dixital para que as persoas migrantes teñan os coñecementos técnicos necesarios para beneficiarse dos posibles servizos “on line”, tamén que esta entidade teña moito máis contacto coas entidades estatais e que traballe de xeito máis coordinado coa secretaria de estado de migracións e coa dirección xeral para a igualdade de trato e diversidade étnica e racial. Todas estas propostas foron aprobadas por unanimidade, “deixando os deberes feitos aos membros que conformen a comisión tras as eleccións de maio”.
O rexedor cervense reiterou o seu agradecemento a todo o equipo que conformou esta área de traballo nestes anos “orientada a xerar espazos de reflexión e encontros que impulsen e favorezan o intercambio de experiencias que faciliten a inclusión social, preveñan situacións de risco e promovan a convivencia cidadá na contorna local”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



