Nota de prensa:
ROLDA DE PRENSA celebrada hoxe 27 de agosto de 2010, nos Salón de Plenos do Concello de Xove, co fin de presentar o CARTEL do Iº ENCONTRO DE PALILLEIRAS en Xove e que contou coa participación de:
Demetrio Salgueiro Rapa, Alcalde de Xove.
Ana Abad López, Concelleira de Servicios Sociais e Xuventude.
Mercedes Barro Barro, Profesora de Bolillo
Carmen García Fernández, Profesora de Bordado
Presentación realizada polo Alcalde Demetrio Salgueiro
Dende fai unha década aproximadamente o Concello de Xove ven organizando obradoiros de tempo libre dirixidos a mulleres. Entre eles, os talleres de bordado e bolillos contaron sempre con moita aceptación. Sendo espazos de aprendizaxe, intercambio de coñecementos, pero tamén de encontros e de relación.
Como unha forma de recoñecer a labor feminina, o Concello de Xove organiza dende fai varios anos exposicións onde se poden contemplar os traballos realizados polas propias alumnas. Este ano, “Coas Nosas Mans III” mostra as labores realizadas durante o curso 2009-2010.
Ante o interese amosado en seguir mantendo viva as labores artesanais, que se reflicte pola asistencia por parte de moitas alumnas do noso concello a encontros tanto da zona (Burela, San Cibrao), de Galicia (Cedeira, Camariñas, Betanzos), coma encontros noutras localidades de España (Aguilar de Campó, Toledo, Candás en Asturias), o Concello de Xove, xunto coas profesoras de bolillos Mercedes Barro e de bordado Carmen García, organiza o I ENCONTRO DE PALILLEIRAS, que terá lugar o próximo 2 de outubro no pavillón municipal.
O ENCONTRO abrirase ás 10:30 horas da mañá coa recepción de palilleiras. Dende as 11:00 ata as 13:30 h desenvolverase a palillada. Habendo unha venvida por parte das autoridades ás palilleiras ás 11:00 horas. A partir da unha e media pararse para xantar , retomando a segunda palillada dende as catro ata as sete da tarde.
Polo día haberá varios sorteos de agasallos e venta de artículos e encaixes.
A inscrición poderase realizar ata o día 17 de setembro.
A día de hoxe xa está confirmada a asistencia dunha ducia de vendedores e das asociacións de palilleiras da Mariña, e tamén unha de Palencia. Sinalar que aínda están chegando as invitacións, polo que contamos que ata o 17 de setembro (remate da inscricións) se anoten máis palilleiras.
Dende a organización queremos invitar a todas as asociacións de palilleiras a participar neste encontro.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



