Carmen Veiga cualificou a súa candidatura “como un grupo de homes e mulleres de Barreiros preocupados polo futuro do concello, e que, sobre todo, están dispostos a traballar a reo para sacar os proxectos adiante. Agora non podemos parar, temos que seguir promovendo políticas progresistas na nosa vila”
Barreiros, 25 de marzo de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado na presentación da candidatura dos socialistas de Barreiros ás eleccións municipais, encabezada por María Carmen Veiga Rodríguez, que neste mandato formou parte do Goberno municipal como segunda tenente de Alcaldesa. Un acto celebrado no Centro Sociocultural Díaz Sampedro, en San Cosme, con veciños, militantes, simpatizantes e cargos orgánicos e institucionais do partido na comarca da Mariña.
José Tomé felicitou a Carmen Veiga polo “gran traballo” que fixo dende o Executivo de Barreiros durante estes xa practicamente catro anos de mandato “para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, pola xustiza social, a igualdade de oportunidades, polos servizos públicos e as infraestruturas e por impulsar a actividade económica”.
O líder dos socialistas na provincia amosouse convencido de que a candidata socialista continuará o seu labor despois do 28 de maio porque “os veciños saberán ver e recoñecer o que fixo, porque ten un proxecto de futuro para Barreiros, ilusionante, centrado nas persoas, na defensa dos servizos públicos e na promoción da economía, como sempre facemos os socialistas, e así o estamos demostrando no Goberno de España e na Deputación de Lugo”.
O Secretario Xeral provincial puxo de manifesto a diferencia do compromiso do PSdeG coa Mariña co que demostra o PP. A comarca “necesita aínda máis socialismo e moito menos PP, que o único que fai é vir facerse fotos e tratar de meter medo coa industria, a pesca ou as infraestruras, e que traizoou aos mariñanos con Altri, pero solucións para a xente, ningunha”.
Así mesmo, destacou a alma feminista do Partido Socialista, sendo nestas eleccións municipais a forza política pola que se presentan máis mulleres na provincia e, probablemente, nas do resto de Galicia, con máis de vinte candidatas, que, “como Carmen Veiga”, ofrecen “o mellor de si para mellorar o seu concello”.
A candidata socialista cualificou a súa candidatura “como un grupo de homes e mulleres de Barreiros preocupados polo futuro do concello, e que, sobre todo, están dispostos a traballar a reo para sacar os proxectos adiante. Agora non podemos parar. Temos que seguir promovendo políticas progresistas na nosa vila”.
Apoio da Deputación de Lugo e do Goberno de Pedro Sánchez
Nesta liña, reivindicou o investimento da Deputación de Lugo ao longo destes últimos catro anos, “xa que supuxeron unha inxección económica para a veciñanza de Barreiros de máis de 2,5 millóns de euros” para a dotación e mellora de servizos públicos, equipamentos e vías municipais e provinciais, e para a colaboración co tecido asociativo veciñal, cultural e deportivo, ademais da promoción do territorio a través do turismo. “Sabemos gobernar e facémolo con responsabilidade, e atendendo sempre as prioridades da vila”, remarcou.
Carmen Veiga avanzou a súa vontade de “poñer en valor” os recursos patrimoniais de Barreiros, como por exemplo o monumento megalítico da Roda, “que conta co compromiso de investimento do Goberno de Pedro Sánchez”, ou o sistema dunar das praias de Coto-Valea, e a de Arealonga, “onde hai unha previsión económica de máis de 800.000 euros”.
Destacou así mesmo a construción dun novo apeadeiro de FEVE, nunha nova ubicación máis céntrica e accesible. Na actualidade, lembrou, estase realizando o proxecto cun investimento de 800.000 euros.
Candidatura socialista de Barreiros
A candidatura socialista de Barreiros para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio está composta polos seguintes veciños e veciñas:
1- María Carmen Veiga Rodríguez
2-Juan Bautista Cortiñas Pedreira
3- Jorge David Vázquez Grande
4- Benito Longarela Geada
5- María Jesús Jover- Peralta Panel
6- Felipe Fernández Recalde
7- Silvia Otero Moirón
8- María de la Luz Rodríguez Rico
9- Adrián Longarela Otero
10- José Antonio Otero Ramos
11- María Rosario Pardo Suárez
Suplentes: José Terrón Cantil; Miguel Ángel Barrera Longarela; María Ángeles Moirón Otero.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



