Isabel Rodríguez destacou “os 100 anos de fútbol, ilusión, paixón, compañeirismo e esforzo. Valores únicos que seguen moi vivos e que sempre inculcades na vosa canteira, fomentando unha educación futbolística e social aos vosos xogadores”. Durante a homenaxe, a subdelegada puxo en valor o traballo da entidade e desexoulle os maiores éxitos no futuro. No acto tamén participou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o Deputado Provincial, Roberto García; o presidente do club, Luis López del Río; así como xogadores, adestradores e persoal do equipo mariñán.