Viveiro, 22 de abril, 2026. A Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha, a partir do xoves 23 de abril, a súa campaña especial do Día da Nai, que inclúe o sorteo de 300 € en vales de compra e a realización de fotografías gratuítas de nais, fillas/os e avoas.
Nesta edición, a entidade aposta por premiar a fidelidade da clientela cunha iniciativa emotiva e participativa baixo o lema “Unha foto de xeracións: nais, avoas e fill@s, o mesmo amor en distintas etapas da vida”.
Estudio fotográfico o 2 de maio
O sábado 2 de maio, a Asociación instalará un estudio fotográfico na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Todas as nais que se acheguen cos seus fillos/as, ou mesmo tres xeracións xuntas —avoas, fillas e netos/as— poderán participar nunha sesión fotográfica profesional.
Nos días posteriores, as familias poderán escoller e encargar a súa fotografía favorita, que recibirán de maneira totalmente gratuíta.
Para participar, será necesario entregar vales de compra por un importe mínimo de 20 € de calquera dos establecementos asociados ao CCHV.
Horario do estudio fotográfico: De 11:00 a 14:00 h. De 16:30 a 20:30 h
Premio de 300 € en vales de compra
O obxectivo da campaña é atopar a imaxe que mellor represente a esencia do Día da Nai. Todas as fotografías serán valoradas por un xurado, e a mellor puntuada recibirá un premio de 300 € en vales de compra para utilizar en calquera dos comercios asociados.
A Asociación busca imaxes que reflictan a complicidade entre nais e fillos/as, dende estilos máis tradicionais ata perfís máis modernos, mostrando a diversidade das familias e das xeracións.
Apoio ao comercio local
Con esta iniciativa, a Asociación de Comerciantes pretende dinamizar unha data comercial clave para o comercio local, ofrecendo actividades, sorteos e premios que recoñezan a fidelidade da clientela e impulsen as compras en Viveiro. A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro dos programas de dinamización dos centros comerciais abertos.
A entidade lembra que o seu labor se centra en premiar a confianza da clientela e fomentar a unión do tecido comercial, traballando conxuntamente para fortalecer e dinamizar o comercio de proximidade.
Toda a información e as bases da campaña están dispoñibles en www.viveirocentro.com, na APP ViveiroCCH e nos perfís oficiais de Facebook, X e Instagram.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



