A candidata asegurou que se presenta á Alcaldía “porque mo pediron moitos veciños, porque me sinto preparada para este novo reto e, sobre todo, porque quero o mellor para o noso pobo e a súa xente, e por suposto, porque quero un futuro digno para os nosos fillos e fillas”
Cervo, 22 de abril de 2023. Os socialistas de Cervo presentaron este sábado a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, unha lista que encabeza por primeira vez a concelleira Luján Ramos Ben.
No acto, celebrado nas Escolas Vellas de Cervo, participou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao senador César Mogo, así como alcaldes, alcaldesas, responsables orgánicos e militantes socialistas do municipio cervense e do resto da comarca mariñana.
José Tomé agradeceu a implicación da candidata socialista, xunto ao seu equipo, nestas eleccións. “Gracias por reforzar o teu compromiso co socialismo, co teu pobo, cos veciños e veciñas de Cervo, presentándote como candidata a Alcaldesa. Defender os valores socialistas é a mellor maneira de querer ó teu pobo, ós teus veciños, porque os socialistas defendemos sempre a xustiza social, o benestar e a igualdade de oportunidades para todos e para todas”.
O líder socialista explicou que a candidatura está composta por un “un grupo de homes e mulleres comprometidos, con xente nova, con ganas, con forza, con capacidade, e unidos por un único obxectivo: traballar por Cervo, para favorecer o progreso e para mellorar as condicións de vida dos cervenses”. E tamén recoñeceu e agradeceu “o traballo, a loita, comprometida e incansable, de Paco Mon durante todo este tempo no concello de Cervo”.
“Estou convencido de que, xuntos, ides darlle un impulso a Cervo para sacalo do parón, do estancamento, ó que o ten sometido o actual Alcalde dende hai tempo. Un Alcalde sectario, dos máis sectarios do Partido Popular na provincia. Un alcalde que só fai propaganda e que só vende fume. Xestión, cero”, asegurou.
Luján Ramos explicou que se presenta á alcaldía “porque mo pediron moitos veciños, porque me sinto preparada para este novo reto e, sobre todo, porque quero o mellor para o noso pobo e a súa xente, e por suposto, porque quero un futuro digno para os nosos fillos e fillas. Traballarei polo futuro do meu concello, con humildade e dende a responsabilidade que merece este posto de tan alta representación política. Pensemos entre todos que precisa Cervo e fagamos que avance”.
A candidata asegurou que nesta convocatoria “acompáñanme homes e mulleres do noso pobo, persoas comprometidas e que están dispostas a traballar a reo para facer de Cervo un concello de referencia na nosa comarca. E quero destacar que esta lista inclúe xente moza, que por primeira vez quere participar activamente en política, o que demostra a capacidade de xerar ilusión do noso proxecto. Incorporar á mocidade é o mellor xeito de renovar as candidaturas”.
“Estamos convencidas e convencidos de que hai outro xeito de gobernar o noso concello. É fundamental mellorar as nosas vías de comunicación, impulsar iniciativas para a creación de emprego e o asentamento de empresas en Cervo, e, por suposto, hai que escoitar a tódolos colectivos da vila para sacar adiante un proxecto con viabilidade de futuro, realista e progresista”, sinalou Ramos Ben.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Cervo
A candidatura socialista de Cervo está composta polos seguintes candidatos e candidatas:
1- Luján Ramos Ben
2- J. Benito Díaz Docando
3- Amado Ballesteros González
4- Lorena Pardo Quelle
5- Manolo Rodríguez Rodríguez
6- Xosé Fernández Segurado
7- Pedro L. Rodríguez Ben
8- Sonia Méndez López
9- Rafael Muíño Gómez
10- Joaquina Baño Vázquez
11- Almudena Cayón Rivas
Suplentes: Francisco Mon Fernández, Marina Gómez Cobas e Antonio González Villares.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



