A Coordinadora Eólica Así Non advirte dos danos irreparábeis e sen precedentes desta vaga eólica no país
Santiago de Compostela, a 23 de abril de 2022. Este domingo, 23 de abril, a Coordinadora “Eólica Así Non” volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual depredación macroeólica especulativa, que desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela. A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron á mobilizacón de “Eólica Así Non” para esixirlle á Xunta de Galicia o rexeitamento de máis de 75 proxectos eólicos que xa contan coa declaración de impacto ambiental favorable da Consellaría de Medio Ambiente, e que nos vindeiros dous días poderían acadar a autorización previa administrativa do goberno galego. O vindeiro 25 de abril é a data límite establecida polo Real Decreto-Lei 23/2020 para que 77 parques eólicos tramitados na Xunta obteñan autorización administrativa e manteñan vixente o permiso de conexión á rede. Ao mesmo tempo, os milleiros de manifestantes congregados arredor do edificio administrativo da Xunta instaron ao Executivo galego a paralizar outros máis de 150 proxectos eólicos que, malia á suposta moratoria eólica de Feijóo, manteñen en curso a súa tramitación, coa pretensión de seren autorizados.
Desde a Coordinadora Eóilca Así Non advírtese dos danos irreversíbeis ambientais, patrimoniais, sociais e económicos que esta vaga eólica carrexará para o país se os gobernos galego e estatal non frean tal despropósito e non planifican adecuadamente a implantación de renovábeis. Lembra que todas as máis de 200 entidades e colectivos que conforman a Coordinadora apoian as enerxías renovábeis para acadar unha transición ecolóxica e socialmente xusta, pero non a calquera prezo. Os máis de 75 macroproxectos eólicos que a Xunta está a punto de autorizar, sen unha adecuada avaliación ambiental e por vías exprés e antidemocráticas, poñen en risco a preservación dos espazos naturais de maior valor ambiental do país e a conectividade ecolóxica, a disposición de recursos básicos para a vida como a auga, destrúen biodiversidade e moitos dos ecosistemas que son imprescindíbeis para afrontar o reto climático, eliminan terras de cultivo de alimentos, destrúen a paisaxe e patrimonio histórico e cultural, prexudican formas de vida tradicionais e sustentábeis, expulsan as persoas do rural e poderían afectar de forma singular á saúde das poboacións máis próximas aos aeroxeradores, alén da depreciación de valor que sufrirán todos os bens e inmobles situados dentro das poligonais eólicas.
“As consecuencias serían dramáticas. A autorización destes proxectos sería unha auténtica catástrofe ambiental e social sen precedentes, na que en especial o medio ambiente e o rural galegos ficarían dilapidados para sempre e en mans de multinacionais destrutoras do territorio. Os galegos e galegas non podemos nin debemos tolerar este asalto ao país, e así llo facemos saber aos que nos gobernan”.
Planificación ao servizo do pobo, protección ambiental e dereitos de participación
“Dirixímonos á Xunta para dicirlle que aínda está a tempo de frear o desastre, denegando as autorizacións, paralizando os proxectos eólicos en tramitación, e promovendo unha nova planificación enerxética baseada no interese xeral do pobo galego, na que primen criterios de carácter ambiental e de xustiza social”. Os manifestantes instaron á Xunta do PP a cumprir coa súa obriga de ampliar a rede de espazos naturais protexidos como Rede Natura 2000 -zonas nas que está prohibida a instalación de eólicos-, imperativo legal adiado intencionadamente polo executivo galego por máis de 15 anos para favorecer a depredación do territorio por parte das grandes corporacións empresarias amigas. Engade a Coordinadora Eólica Así Non que o novo modelo de xestión da Rede Natura 2000 debe garantir a participación dos comuneiros e comuneiras dos montes veciñais afectados.
Os colectivos, entidades e plataformas reunidas fronte a San Caetano demandaron tamén de forma urxente a restitución dos dereitos de participación pública que lles foron usurpados a través das leis de depredación e simplificación impulsadas nos últimos dous anos polo goberno da Xunta, e agora tamén polo goberno do Estado. “O recorte de dereitos democráticos por parte das administracións públicas son mostra evidente de que esta transición enerxética nin é ecolóxica nin é xusta, e que só está ao servizo do gran capital”, sinalaron. A Xunta de Galiza e o Goberno español deben recapacitar para evitar a destrución irreparábel do país, única forma real para camiñar cara unha transición enerxética xusta e sostíbel que respecte a pobo galego e a Galiza.
As reclamas expresadas pola multitude de manifestantes foron recollidas no manifesto “Rodeamos a Xunta” que leron dúas membros da Coordinador “Eólica Así Non”, a escritora Sole Felloza e Belén Rodríguez.
Por un novo modelo enerxético, por e para o pobo
Eólica Así Non insistiu en reclamar á Xunta e ao Estado un modelo enerxético alternativo e diametralmente oposto ao que se está a impoñer por parte do oligopolio eléctrico, en connivencia coas administracións públicas, para espoliarnos e mandar para fóra a enerxía eléctrica. E lembrou que a Xustiza xa declarou nulos e paralizou cautelarmente varios proxectos eólicos autorizados recentemente en Galiza por non contar con necesarias garantías ambientais e de participación pública.
Ao berro de “Temos alternativa”, os colectivos e entidades contrarios á actual vaga eólica, apelaron de novo aos principios fundamentais sobre os que se debera asentar un modelo enerxético alternativo: protección da Natureza, preservación dos caladoiros de pesca e corredores ecolóxicos mariños, coidado do patrimonio cultural, compatibilidade coa soberanía alimentaria, priorización do aforro e a eficiencia enerxética, defensa da soberanía sobre os nosos recursos, planificación eólica con fins socioambientais e ao servizo do país, fomento da participación pública e preservación da saúde pública.





















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



