Xove, luns 24 de abril 2023. O BNG vén de presentar a súa candidatura para as eleccións municipais no concello de Xove, candidatura que encabeza Pilar Vázquez Sánchez e que está formada por 21 persoas, de diferentes parroquias, de diferentes idades con importante presencia de novas caras e xente moza, e de diferentes sectores. “Un equipo o que conforma a nosa candidatura, en palabras da candidata Pilar Vázquez, que representa a alternativa de cambio para Xove, unha alternativa que leva moitos anos construíndose, cun proxecto definido e traballado para Xove, para poñer no centro ás persoas e as necesidades das veciñas e veciños. Temos modelo, #modeloBNG, que fai progresar moitas vilas e cidades do país e da comarca, modelo a través do cal o noso concello poderá ter un horizonte de futuro”.
A candidatura é a seguinte:
1.- Pilar Vázquez Sánchez
2.- Miguel X. García Rodríguez
3.- Xosé Manuel López Hermida
4.- Laura Vilasa Abad
5.- Noela Bouza Bermúdez
6.- Carlos Fernández Louzao
7.- Rodrigo Baño Peña
8.- María Luísa Pernas Quelle
9.- Pedro García Louzao
10.- Cristina Lestegás Pérez
11.- Xosé Durán Cao
Suplentes
1.- Marco López López
2.- Inés Alonso Villar
3.- José Antonio Alonso Salgueiro
4.- María Belén González Martínez
5.- Patricia Eijo Gómez
6.- David Díaz Meitín
7.- Sara Rey Balseiro
8.- Augusto Albo Ocampo
9.- José Luís Vale Blanco
10.- María Carmen Mejuto Urrutia


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



