Eugenia Requeijo denuncia a “total opacidade” do goberno por “non conceder acceso aos expedientes nin convocar as comisións informativas previas aos plenos “vulnerando os dereitos da oposición”
Muras, 5 de maio de 2023. “O alcalde nacionalista de Muras e o seu goberno local bipartito acumulan débedas que suman 177.185,66 euros en facturas de servizos e subministros sen pagar nos últimos once meses”, segundo denuncia a portavoz popular do municipio trala celebración dun pleno extraordinario e urxente este martes convocado polo nacionalista para aprobar a modificación orzamentaria mediante suplemento de crédito e o recoñecemento extraxudicial de créditos. Con este pleno demóstrase que “o alcalde mentiu cando dixo en sesións plenarias anteriores que o período medio de pago a provedores por parte do Concello de Muras é de 48 días.
A popular cre que este pleno foi unha “manobra electoralista e un intento por lavar a súa imaxe antes das eleccións do 28 de maio para quedar ben con todos aqueles aos que lles está a deber cartos, nalgúns casos dende fai 11 meses”. Aínda así, atendendo aos prazos establecidos para estes procedementos, non cobrarán ata despois das eleccións municipais.
Eugenia Requeijo sinala que “este pleno non era urxente porque xa fai tempo que deberían estar pagadas as facturas”. É máis, considera que é “unha vergoña que o Concello de Muras teña facturas sen pagar fóra do prazo legal de 30 días” e cre que “a xestión municipal debe ser doutra maneira” porque “a mala xestión deste goberno da unha mala imaxe de Muras”.
Entre as facturas pendentes de pago atópanse 35.000 euros do subministro de mobiliario e equipamento do chiringuito, subministro de gasóleo e enerxía eléctrica, traballos en camiños, actividades relacionadas coa Romaxe Artesá do ano pasado -da que case pasou xa un ano- e os servizos dunha letrada por representar ao Concello en xuízos “nos que nos mete o alcalde e que rematan de xeito desfavorable para o Concello”.
OPACIDADE E VULNERACIÓN DOS DEREITOS DA OPOSICIÓN
A voceira popular denunciou durante a sesión plenaria a “total opacidade total” do goberno local por “non dar acceso aos expedientes, nin convocar as debidas comisións informativas antes dos plenos (vulnerando os dereitos da oposición), nin as comisións avaliadoras para determinar o pago das facturas da luz”. De feito, no último pleno, os populares solicitaron un receso para coñecer os expedientes das facturas pendentes de pago porque “non imos votar sobre algo a cegas, sen saber de que se trata”.
OUTRAS IRREGULARIDADES
A popular explica que “o goberno local incumpre a normativa no ámbito de financiamento local” porque “non se pode botar man así dos remanentes”. Igualmente, engade outras irregularidades deste goberno encabezado polo nacionalista Manuel Requeijo como é o feito de pagar a unha empresa 18.000 euros por facer o inventario de bens municipais, pero fraccionados en tres facturas cando “a Administración non pode fragmentar facturas por un mesmo traballo”. Eugenia Requeijo incide en que é “menos ético aínda” tendo en conta que “ese pago é a unha das dúas empresas que fan labores de asesoramento ao Concello polos que percibiron 250.000 euros nos últimos oito anos de goberno bipartito”.
Eugenia Requeijo non pode entender como “a pesar de todo isto, o goberno local siga dicindo que fai unha boa xestión”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



