Durante estes últimos catro anos fun concelleira en Burela, levando as áreas de Medio Ambiente, Escolas Infantís e Festas. Fixen todo o que puiden ou souben, tratei de aprender, de escoitar á xente, de aportar ideas e de facer o mellor para o pobo. Se o fixen ben ou mal xa é algo que deben decidir os veciños, e que eu respecto.
Non me sorprendeu non formar parte das listas do PSOE para as vindeiras eleccións municipais, pero si me fixeron sentir menosprezada e ninguneada as formas.
Escribo esta carta polos que me preguntan por que non estou, ou simplemente para os que lles interese saber se é que non quero ou é que non me queren, ou que pasou. Escríboa para que a xente o saiba e para que saquen as súas propias conclusións. Nada sei, porque comigo ninguén falou. Ninguén me preguntou se quería seguir. O mesmo que fixeron con concelleiros que levan aquí máis anos ca min, e que o deron todo para mellorar este pobo. Quero que queden claras as razóns de non seguir. Cada un fai as cousas da maneira que quere; eu teño claro que non as faría así, por máis que teña mellor ou peor relación con alguén. Primeiro débese ser persoa. É unha cuestión de educación. Despois que se venda o que se queira, pero que o pobo saiba o que hai. É o xusto. Non se pode ocultar a realidade á xente, que de tódolos xeitos sabe ver as cousas. Traballar para mellorar o pobo no que naciches ten que ser unha honra, e para min foino, pero iso si, non se pode pretender conseguilo a calquera prezo e atropelando a quen che estorba sen miramentos. É de ben nacidos ser agradecidos e respectar aos que levan aquí catro anos ou oito… Eles foron os que acadaron unha maioría absoluta en 2015 e unha maioría simple en 2019. E parece que temos que irnos pola porta de atrás porque non valemos para nada, que todo o que se fixo se fixo só. As cousas non son así. Non se poden borrar dunha plumada xente e menos feitos.
Foi un pracer traballar polo meu pobo, e seguirei a facelo desde os ámbitos nos que poda (ou me deixen). Nun goberno local ten que estar xente disposta a sacrificar moito tempo das súas vidas, sen dúbida, pero sobre todo que teña valores, aínda que só sexan respecto polos demais, sinceridade e humildade. Crerte o mellor non che fai selo. Isto é unha cousa seria e deberan estar os e as mellores, e non só xente elixida por afinidade e amizade. Así é como eu o entendo, pero como dixen mais arriba cada quen fai as cousas á súa maneira. Que cada un valore isto como queira, pero esta é a realidade e penso que o mínimo que podo facer é expoñela, con respecto por todos e todas e sen calumniar a ninguén.
Toñi Eijo




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



