O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da Real Academia Galega participan no acto de entrega celebrado na vila natal de Fernández del Riego
Lourenzá, 5 de maio de 2023. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no acto de entrega do premio convocado pola Xunta de Galicia Concurso-Exposición Letras Galegas 2023, na categoría Infantil e Primaria, ao colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá polo seu traballo Desde a fiestra de don Paco, elaborado polo profesorado e alumnado do centro, ata onde tamén se desprazou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou, en primeiro lugar, a “importancia que supón entregar este galardón na propia vila natal de don Paco, da que nunca se desvinculou e á que lle dedicou Lourenzá, un dos seus persoais libros de viaxe”. Ademais, quixo agradecer “a todo o profesorado e alumnado do centro a súa implicación, tanto na elaboración tan coidada do traballo presentado, como na celebración destas Letras Galegas tan especiais para os laurentinos”.
Desde a fiestra de don Paco foi premiada pola súa creatividade, o carácter integrador e inclusivo e o emprego de técnicas e recursos moi diversos na procura de difundir a vida e obra de del Riego, entre os que destacan os código QR, que aparecen en cada cartel e permiten acceder aos podcasts coa biografía adaptada, ou a incorporación de linguaxe Braille e pictogramas. Ademais, o cartel número sete da exposición, que mostra a don Paco como un viaxeiro e como unha ponte imprescindible entre a Galicia de aquí e a de alén do mar, foi elixido polos supermercados da cadea Vegalsa-Eroski para a súa campaña conmemorativa do Día das Letras Galegas.
Certame anual
O Concurso-Exposición Letras Galegas, destinado aos centros de ensino público non universitario, convócase cada ano pola Consellería de Cultura no marco da programación institucional das Letras Galegas. O obxecto do certame é elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu.
Nesta última edición, o outro gañador (categoría de Secundaria) foi o Instituto IES Castelao de Vigo, cidade coa que del Riego tamén tivo especial relación, polo seu traballo Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego.
Ademais, ambas exposicións están dispoñibles en versión dixital e poden descargarse, canda outros recursos creados polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, no Portal da Lingua Galega.
Carteis en 2.000 puntos de destino
A colección de dez carteis que integra cada unha das mostras gañadoras, así como a súa guía didáctica, chegará a case 2.000 puntos de destino: aos centros educativos de toda Galicia, mais tamén aos centros nos que se imparte galego fóra da nosa Comunidade autónoma (de Castela e León, mesmo ao Instituto Cañada Blanch de Londres, ao Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires e ao Colexio Castelao de Caracas).
Ademais, tamén chegarán a centros de estudos galegos, concellos da Rede de Dinamización Lingüística (e outros de fala galega como os do Val do Ellas en Estremadura), bibliotecas, centros da emigración e distintas asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas dentro e fóra das nosas fronteiras.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



