A área de Cultura destina 380.000 euros a estas liñas de apoio tecido cultural, centradas na realización de actividades e na mellora dos locais sociais
Lugo, 8 de maio de 2023. Este martes abre o prazo de solicitude das axudas para asociacións culturais convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que incrementou ata os 380.000 euros -un 90 por cento – o orzamento destinado a estas liñas de apoio ao tecido cultural de base.
Convócanse dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, e outra para investimentos en melloras nas instalacións e no equipamentos dos locais sociais.
A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “este ano ampliamos nun 90 por cento o orzamento destinado a estas liñas de axudas, reforzando o apoio ás asociacións culturais de base, que son súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultura, pola lingua e o patrimonio e que cumpren un papel fundamental para garantír o acceso á actividade cultural en todo o territorio”,
A responsable provincial destacou “ estes colectivos son en moitas aldeas e parroquias rurais auténticos referentes da actividade cultural, programando actividades pero tamén impulsando estudos, investigacións e iniciativas de posta en valor do patrimonio local”
Axudas para a realización de actividades culturais
A través desta liña, a área de Cultura promove a organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións e colectivos culturais, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, a historia, música e tradicións, contribuíndo a ampliar a axenda cultural de parroquias e concellos. As axudas oscilan entre os 500 e os 3.000 euros.
Axudas para melloras nos locais sociais
A área de Cultura financia, a través desta liña, actuacións de mellora, acondicionamente e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos cultivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, a fin que as asociacións conten cos medios adecuados para as súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os 500 e os 2.000 euros.
As entidades culturais poden solicitar as achegas desde mañá martes ata o martes 23 de maio.
Solicitudes
As bases e modelos de solicitude, publicados este luns no Boletín Oficial da Provincia, están dispoñibles tamén na web cultura.deputacionlugo.gal, no apartado Progamas e subvencións, con indicacións precisas sobre o procedemento de solicitudes. Para calquera dúbida, póñense a disposición das entidades solicitantes os teléfonos 982- 260260 / 982- 260 058





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



