Nota de Prensa
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Cordido- (Foz), Non fixeron ninguha solicitude a Excma. Deputación de Lugo, para pintar o Centro Cívico, construción de beirarrúa e cuberta da Pista Polideportiva desta Parroquia, polo que están sorprendidos ao aparecer o nome de centro cívico de Cordido con unha subvención de preto de 7.000,00 euros.
Cordido ( Foz ), 17 de agosto 2010.- Así de contundente se expresaba o portavoz da Xunta Rectora desta comunidade Jacinto Ramos Álvarez, manifestando ademais de que o único local social co nome de Centro Cívico de Cordido é o que nós diriximos e que é propiedade de todos os comuneiros da parroquia, si ben aí a asociación de Veciños San Xulián de Cordido que realiza os seus actos na Antiga Escola desta parroquia, arranxada recentemente , que é propiedade do Concello de Foz, tanto o edificio coma unha pequena pista de fútbol- sala, e nos estraña que o presidente e o resto da directiva firmen unha solicitude a nome da Asociación de Veciños para arranxar patrimonio do concello.
Por outra banda si queremos aclarar que esta comunidade si solicitou dentro do Plan de Obras da Excma. Deputación de Lugo coas Asociacións e Comunidades Veciñais unha obra para o peche do aumento do Cemiterio parroquial de Cordido por importe de 12.000,00 €. , cuxo terreo xa é da súa propiedade e que foi denegada, polo que non consentiremos que figure o nome do noso local cando non ten ninguha achega de esa entidade .





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



