Ribadeo, 11 de maio de 2023. O día 2 de setembro, sábado, celebrarase en Ribadeo, concretamente no Cantón dos Moreno, o primeiro festival de música underground denominado Xara Fest. Está organizado por 4 mozos ribadenses: Alberto González Díaz, Alejandro López Pena, Mario González García e Javier López do Río.
Os organizadores explican: “nuestra motivación, como dice el manifiesto que tenemos en nuestras redes, es ofrecer a los jóvenes de la zona un tipo de ocio muy extendido, pero que lamentablemente no se encuentra ni en A Mariña Lucense ni en el Occidente asturiano, por lo que para poder disfrutar de él debemos ir normalmente a otras ciudades como Santiago o Gijón”.
A organización do Xara Fest salienta que “en este proyecto colaborarán el Concello de Ribadeo, la Comisión de Fiestas de Ribadeo, la Deputación de Lugo y la Xunta de Galicia, así como algunos patrocinadores privados que anunciaremos próximamente. El festival tendrá lugar el 2 de septiembre y nuestra intención es que se prolongue a lo largo de todo el día, con diferentes actividades que iremos anunciando en nuestras redes sociales hasta la fecha del evento y comenzando los conciertos sobre las 19 horas. La entrada será gratuita y se podrá disfrutar de varias actuaciones de diferentes artistas relacionados con el género underground y conocidos a nivel nacional. Las confirmaciones de estos artistas comenzaron esta semana con el anuncio de los raperos madrileños Ergo Pro e Ill Pekeño, a través de un vídeo en el que ellos mismos dan a conocer su actuación. Se trata de dos artistas de gran relevancia en la actualidad, situándose entre los máximos exponentes del rap en nuestro país, que cuentan por millones las reproducciones de sus temas en Spotify y que también anunciaron una gira por toda España en la que se incluye Ribadeo. En cuanto a los demás artistas los iremos revelando en las próximas semanas a través de nuestras páginas de instagram, facebook y tik tok”.
Para finalizar os promotores deste evento en Ribadeo comentan que seguen buscando financiamento para o Xara Fest, “por lo que si alguna empresa está interesada en aparecer en el cartel o en ayudar con la cantidad económica que considere que no dude en contactarnos”.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



