Ribadeo, 14 de maio de 2023. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, sábado, no Teatro ribadense o seu tradicional concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesa actuación debutou a clarinetista Antía Uroz Roca e foron homenaxeados o ribadense Choupín (Víctor Manuel Sanjurjo Láncara) e o compositor Rogelio Groba Groba, os dous falecidos recentemente.
O director da formación ribadense, David Ballester Martínez, explicou que unha das pezas, Lugo-Ferrol, de Gregorio Baudot, tocouse no primeiro concerto da actual etapa da Banda de Ribadeo, o 25 de xaneiro de 1992, e onte volveron interpretala para recordar a Choupín, que foi un dos maiores impulsores desta Banda.
Ademais para homenaxear ao compositor Rogelio Groba, que “foi un dos máis importantes compositores galegos de música para bandas”, tocaron tres obras súas: Fiesta en Montañy, Aleserman e A Freixa. As dúas primeiras foron interpretadas por primeira vez pola Banda ribadense, que tamén ofreceu onte estas outras pezas: Nostalgia, de Rossano Galante; The Blues Factory, de Jacob de Haan; Mar y Cielo, de Jorge L. Vargas, Balancé, de Reveriano Soutullo; e como bises tocaron Mi tierra gallega, de Ricardo Ceratto e Prudencio Romo, e o himno galego.





















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



